O vindeiro sábado día 20 a partir das 12:30 horas do mediodía o autobús de Saborea a túa provincia fará unha parada na Praza de Santa María.

Un autobús-cociña onde profesionais da asociación provincial de cociñeiros e cociñeiras de Lugo elaborarán receitas con produtos típicos de cada zona.  Utilizarán alimentos con distinción da súa calidade polo selo Denominación de Orixe ou Indicación Xeográfica Protexida, como a Faba de Lourenzá, a Pataca Galega, o Pemento de Mougán, o Lacón, a Tarta de Santiago, o Mel de Galicia ou o queixo San Simón da Costa; e tamén empregarán nas súas elaboracións razas autóctonas como o Porco Celta, a Galiña de Mos ou o Vacún Galego. Estas demostracións culinarias poderán seguirse nunha pantalla xigante e poderán participar un máximo de 50 persoas.

– Degustación de pratos elaborados con produtos de proximidade.

– Haberá un taller de cociña para nenos e nenas nas que elaborarán un prato con produtos da provincia.

– Outro espazo estará dedicado a concertos.

Ademais, ao longo da xornada levaranse a cabo sorteos de produtos gastronómicos da provincia.