BASES PARA O REPARTO DE 25 COMPOSTEIROS INDIVIDUAIS DE 400 LITROS DO PROGRAMA DE COMPOSTAXE DOMÉSTICA DE SOGAMA
PRIMEIRA.- OBXECTO
O obxecto das presentes bases é establecer as normas de reparto de 25 composteiros individuais de 400 litros doados por SOGAMA dentro do seu Programa de Compostaxe Doméstica ás familias do Concello de O Valadouro.
SEGUNDA.- REQUISITOS DAS PERSOAS SOLICITANTES
- Ser maior de 18 anos.
- Estar empadroado/a no Concello de O Valadouro.
- Atoparse ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias (AEAT, Xunta de Galicia e Concello de O Valadouro ) e coa Seguridade Social
- Dispoñer de unha vivenda con terreo dedicado a hortas ou cultivos, de finca dedicada a horas ou cultivos no Concello de O Valadouro ou de terreo que permita a colocación e uso correcto do composteiro.
- Aceptar as medidas de seguimento e control establecidas nestas Bases.
TERCEIRA.- PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
- As solicitudes de composteiros faranse mediante instancia dirixida ao Concelleiro delegado de Medio Ambiente, Servizos Municipais, Turismo, Comercio Industria e Enerxía, no modelo ANEXO I que se facilitará no Rexistro Xeral da Corporación ou na sede electrónica deste Concello, na que se fará constar que se reúnen todos e cada un dos requisitos establecidos na base segunda.
- As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello do Valadouro, na Sede Electrónica ou nos lugares indicados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, no prazo de dez días (10) días hábiles contados dende o día seguinte da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. Tamén se poderán presentar na forma que determina o artigo 16.4 da Lei 39/15, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
- No caso de non solicitarse a totalidade dos composteiros dispoñibles o prazo de solicitude permanecerá aberto ata o esgotamento de existencias.
- A solicitude (ANEXO I) irá acompañada da seguinte documentación:
- Copia do Documento Nacional de identidade ou documento identificativo.
- Certificado de empadroamento (non será preciso aportalo no caso de que se autorice a súa consulta).
CUARTA.- CRITERIOS DE REPARTO DOS COMPOSTEIROS
Rematado o prazo de solicitude dos composteiros, procederase a valorar todas as solicitudes recibidas.
Nesta convocatoria teñen prioridade as persoas solicitantes que non houbesen recibido un composteiro con anterioridade por parte do Concello de O Valadouro no Programa de Compostaxe Doméstica de SOGAMA.
Para proceder ao reparto dos composteiros, elaborarase unha lista de solicitantes seguindo os seguintes criterios para o reparto dos 25 composteiros:
- Os composteiros repartiranse segundo a seguinte orde de preferencia.
- Orde de recepción de solicitude.
- Persoas que vivan nunha vivenda con terreos dedicados a hortas ou cultivos.
- Persoas que dispoñan de terreos dedicados a hortas ou cultivos.
- Acreditación na necesidade do composteiro.
- As persoas que houbesen recibido un composteiro anteriormente por parte do Concello de O Valadouro e que desexen solicitar outro composteiro pasarán a formar unha lista de reserva para o caso de que as solicitudes de composteiros contempladas no punto 1 sexa inferior a 25, a cal funcionará co seguinte orde de prioridade:
- Orde de recepción de solicitude.
- Acreditación da necesidade do composteiro.
- Esgotada a lista de solicitantes contemplada no punto número 1, procederase a realizar o reparto de composteiros por orde da lista de reserva contemplada no punto número 2.
- No caso de que o número total de solicitudes incluídas no punto número 1 e no punto número 2 sexa inferior a 25 o prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o esgotamento de existencias.
- Se algún solicitante renuncia ao composteiro concedido, procederase a realizar a entrega ao seguinte solicitante que conste la lista.
- So se admitirá unha solicitude por unidade familiar, non podendo concederse máis de un composteiro por vivenda.
QUINTA.- INSTRUCIÓN E TRAMITACIÓN DO PROCEDEMENTO
- As solicitudes reguladas nas presentes Bases deberán conter toda a documentación que nas mesmas se regula.
Se a solicitude non estivese debidamente cuberta ou non se achegase a documentación esixida, requirirase á persoas solicitante para que no prazo de 10 DÍAS HÁBILES emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, coa advertencia de que, se así non o fixese, se considerará desistido da súa petición, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos.
2.- Aprobación da convocatoria:
A convocatoria de solicitudes de composteiros será aprobada pola Xunta de Goberno Local do Concello de O Valadouro.
O procedemento de resolución que se xestiona a través da convocatoria correspondente, axustarase aos principios de publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade e non discriminación.
O procedemento de concesión será realizado segundo os criterios enumerados na Base Cuarta.
3.- Instrución:
A instrución do procedemento corresponderá a un/unha funcionario/a designado pola Xunta de Goberno Local, que ditará o Informe-Proposta de Resolución debidamente motivada, que en cada caso proceda e que realizará de oficio cantas actuacións estime necesarias para a determinación, o coñecemento e a comprobación dos datos en virtude dos que se debe formular a proposta de resolución.
A proposta de resolución provisional realizada polo órgano instrutor, deberá expresar a relación de solicitantes para os que se propón a concesión de composteiros, especificando a valoración de favorable ou desfavorable. Esta proposta elevarase á Concellería de Medio Ambiente, Servizos Municipais, Turismo, Comercio Industria e Enerxía, quen emitirá proposta de Resolución Provisional que se fará pública aos interesados a través do taboleiro de anuncios, sede electrónica e na páxina web do Concello, dando un prazo de dez días hábiles para presentar alegacións.
4.- Resolución:
Informadas as alegacións que se presenten polo órgano instrutor por este elevarase a proposta de resolución definitiva, que deberá expresar a relación de solicitantes para os que se propón a concesión do composteiro.
A resolución de concesións indicará a data e lugar no que se procederá á entrega dos composteiros.
A resolución notificarase aos interesados por publicación no taboleiro de anuncios, sede electrónica e páxina web.
Prescindirase deste trámite de audiencia cando non figuren no procedemento nin sexan tidos en conta outros feitos ou outras alegacións e probas que as aducidas polas persoas interesadas. Neste caso, a proposta de resolución provisional formulada terá o carácter de definitiva.
As propostas de resolución provisionais e definitivas non crean ningún dereito a favor da persoa beneficiaria proposta, fronte á administración, mentres non se lle notificara a resolución definitiva de concesión.
A competencia para coñecer e resolver as solicitudes corresponderá ao Concelleiro delegado de Medio Ambiente, Servizos Municipais, Turismo, Comercio Industria e Enerxía.
O prazo máximo para resolver e notificar a resolución do procedemento non excederá de SEIS MESES e se computa a partir da publicación da correspondente convocatoria.
SEXTA.- MODIFICACIÓN DA RESOLUCIÓN DE CONCESIÓN
Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión dos composteiros poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión e eventualmente á súa revogación e reintegro, se fose o caso.
SÉTIMA.- ENTREGA DOS COMPOSTEIROS
Unha vez notificada a resolución de concesión, procederase a realizar a entrega dos composteiros no lugar, data e hora indicados na mesma ás persoas beneficiarias dos mesmos.
OITAVA.- OBRIGAS DAS PERSOAS BENEFICIARIAS
- Dedicar o composteiro ao reciclaxe de biorresiduos e fabricación de compostaxe, finalidade para a cal foi concedido.
- Conservar o composteiro na vivenda ou finca para a cal foi concedido, sen posibilidade de traslado ou cesión a un terceiro.
- Comunicar ao Concello de O Valadouro calquera dano ou incidencia no composteiro.
- A presentación da solicitude obriga ó solicitante á aceptación das Bases que rexen o procedemento.
- Someterse ás medidas de control indicadas na Base novena.
NOVENA.- MEDIDAS DE SEGUIMENTO E CONTROL
As persoas solicitantes que resulten beneficiarias da entrega dun composteiro deberán someterse ás seguintes medidas de seguimento e control:
- Someterse a un seguimento no uso do composteiro durante un prazo de 3 anos a contar dende a data de entrega.
- Someterse a visitas de control, previo aviso, por parte de persoal do Concello de O Valadouro na vivenda ou finca para a cal foi concedido o composteiro
DÉCIMA.- FIN DA VÍA ADMINISTRATIVA
O acto de resolución da concesión esgota a vía administrativa, podendo interporse recurso potestativo de reposición no prazo de un mes, ou ben directamente contencioso-administrativo no prazo de dous meses.
ANEXO I
SOLICITUDE DE COMPOSTEIRO DO PROGRAMA DE COMPOSTAXE DOMÉSTICA DE SOGAMA.
Apelidos: | |
Nome: | |
D.N.I.: | |
Domicilio a efectos de notificación en: | |
C.P.: | Localidade: |
Teléfonos: | Correo electrónico: |
DOCUMENTACIÓN A APORTAR:
Fotocopia do Documento Nacional de identidade ou documento identificativo | |
Certificado de empadroamento |
- Declaro que me atopo ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias (AEAT, Xunta de Galicia e Concello de O Valadouro ) e coa Seguridade Social.
- Autorizo ao Concello de O Valadouro para obter os datos de empadroamento e situación de estar ao corrente co Concello de O Valadouro.
- Emito autorización expresa ó Concello de O Valadouro para solicitar e obter de organismos públicos ou privados que se consideren oportunos a información necesaria para resolver a adxudicación dos composteiros, así como a súa posterior verificación, control e, no seu caso, reintegro.
- Comprométome a cumprir coas Bases reguladoras do procedemento.
- Acepto as medidas de seguimento e control establecidas nestas Bases.
DATOS DA VIVENDA
Vivenda Habitual | SI | NON | OBSERVACIÓNS |
ð | ð | ||
Segunda residencia | SI | NON | OBSERVACIÓNS |
ð | ð | ||
Existencia de parcela | SI | NON | OBSERVACIÓNS |
ð | ð | ||
Existencia de horta ou cultivos | SI | NON | OBSERVACIÓNS |
ð | ð | ||
Existencia de animais domésticos | SI | NON | OBSERVACIÓNS |
ð | ð |
Animais domésticos | Vacas | SI | NON | INDICAR NÚMERO |
ð | ð | |||
Porcos | SI | NON | ||
ð | ð | |||
Cabalos | SI | NON | ||
ð | ð | |||
Ovellas | SI | NON | ||
ð | ð | |||
Cabras | SI | NON | ||
ð | ð | |||
Aves | SI | NON | ||
ð | ð | |||
Cans | SI | NON | ||
ð | ð | |||
Outros | SI | NON | ||
ð | ð |
En O Valadouro, a ____ de ________________ de 20__
Asdo.:
De acordo co establecido no Regulamento UE 2016/679 de Protección de Datos Persoais (RGPD), informámolo de que o responsable de tratamento dos seus datos persoais é o Concello de O Valadouro con dirección en C/ Feira Nova, 1, CP 27770, O Valadouro. (Lugo). Os seus datos persoais serán empregados para a xestión do expediente administrativo solicitado por vostede a través do presente formulario. La lexitimación para o tratamento dos seus datos persoais é o cumprimento dunha obriga legal. Os datos persoais cederanse cando exista una obrigación legal para cedelos. Vostede ten dereito a acceder, rectificar o suprimir os seus datos, así como outros dereitos, tal e como se explica na información adicional e detallada de protección de datos, que pode consultar na oficina da entidade sita en la dirección arriba indicada ou ben solicitándoa a través da sede electrónica do Concello: https://valadouro.sedelectronica.es/info.0
SR. CONCELLEIRO DELEGADO DE MEDIO AMBIENTE, SERVIZOS MUNICIPAIS, TURISMO, COMENCIO, INDUSTRIA DE ENERXÍA.