🎬 Chega CINE NA RÚA ó VALADOURO!!!!!

🎞 Valentina proxectarase, na súa versión en galego, ao aire libre na Praza de Santa María – Ferreira.

📅14 de agosto de 2022. Domingo (véspera de festivo).

⏰21:30h

🎟Entrade de balde e orientada para público infantil/familiar.

Unha historia de inclusión dunha nena que chegará ao máis profundo de todos vós e da que, sen dúbida, aprenderemos todos e cada un de nos. Non a perdades!

Esta proxección chega da man da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia a través do programa FALAREDES e en colaboración coa área de cultura do concello do Valadouro.

⛈En caso de que as prediccións meteorolóxicas non foran as idóneas, a actividade trasladarase ó Salón de actos do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” do Valadouro.

#cinenarua #cinevaladouro #cinema #falaredes