? Cabalgata de Reis‼️.

? O próximo 5 de xaneiro os Reis Magos de Oriente visitarán O Valadouro, ás 19:00 horas sae a comitiva oficial desde o local social do Parque concepción Arenal cara o Belén Vivinte situado na Casa da Cultura, pasando pola praza de Santa María, A Ponte, Avenida de Viveiro…

?? Os nenos e nenas do Valadouro cantarán unhas panxoliñas e realizarán unhas ofrendas no Belén Vivinte.

Despois da Recepción Oficial, farase entrega da CHAVE do concello para que as súas Maxestades podan acceder con maior comodidade.

Ó rematar, poderán sacar fotografías coas súas Maxestades e depositar as cartas en cadanseu buzón.

Entre todos os asistentes repartiranse porcións de roscons.

?? Colabora A.C. Amado Lar O Valadouro

⛔️ Cortes e restricións no tráfico o día 5 de xaneiro de 2020 a partir das 19:00 horas.

❌ Rúa Andrés Lopez Palmeiro.

❌ Praza de Santa María.

❌ Avenida de Viveiro.

❌ Rúa José Antonio Ferreire Gonzalez.

❌ Rúa Leandro Buján.

? Prégase que, na medida do posible, durante o percorrido da cabalgata, deixen libre de vehículos o frente da Casa da Cultura (do lado da piscina municipal)