🎄 Concurso “ILUMINA O NADAL”.
🙋♀️ Co obxecto de contribuír ó ambiente de Nadal nas rúas da vila nestas datas tan sinaladas, o Concello do Valadouro organiza o III CONCURSO DE BALCÓNS, VENTÁS, FACHADAS E ESCAPARATES do concello.
📅 O prazo de inscrición será dende o día 19 de decembro ó 23 de decembro de 2022, de 11:00h a 13:00h ou de 17:00h. a 19:00h. na Casa da Cultura ou a través da sede electrónica municipal. A decoración de balcóns, ventás, fachadas e escaparates deberán estar expostos, polo menos, entre os días 23 de decembro de 2022 ata o 6 de xaneiro de 2023.
🏆 PREMIOS.
👉 1º PREMIO: 300 €.
👉 2º PREMIO: 250 €.
👉 3º PREMIO: 200 €.
👉 4º PREMIO: 150 €.
👉 5º PREMIO: 100 €.
ℹ️ Consulta as bases aquí 👉
ℹ️ Descarga o modelo de inscrición aquí 👉
