Durante o mes de agosto, O Valadouro contará cunha oferta cultural para todos os públicos.

Os días 1, 8, e 22 de agosto poderás gozar de concertos en familia, maxia e cinema na Praza de Santa María a partir das 21:00 horas.

Os días 15 e 29 de agosto a partir das 22:30 horas, o aparcamento municipal da Rúa  do  Xistral albergará un autocine. Coa mítica película “Grease” o 15, e con “O Que Arde” o 29 de agosto, película Galega de Oliver Laxe.

Todas as actividades organizadas polo Concello do Valadouro cumprirán con todas as medidas recomendadas de hixiene e saúde establecidas por mor da pandemia de COVID-19.



http://www.kikopastur.com


Acordeonistas da Mariña