?DECEMBRO DE TEATRO NO VALADOURO

?3 de decembro de 2022.

⌚19:00h.

?Salón de Actos da Casa da Cultura do concello do Valadouro.

?Entrada de balde.

Grupo: O Bordelo.

Obra: O Covid do Mariñán.

A Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo , a través da Área de Cultura, organiza en colaboración coa concellería de Cultura do concello do Valadouro a representación da obra “O Covid do Mariñán” co grupo de teatro O Bordelo a través do programa Circuíto de teatro afeccionado 2022 no ciclo Táboas Cheas de Emoción.

Sinopse: A causa da pandemia, o protagonista desta historia desapareceu durante dous anos, retornando desorientado ante o asombro da veciñanza. A nova concepción de vida que trae consigo aposta por resolver os problemas da sociedade con novos enfoques e valores que os demais non acertan a comprender. O conflicto entre un e outros leva á reflexión, saíndo a relucir verdades que queiman e asfixian á colectividade. Esta comedia ten a intención de activar os valores que dun tempo a esta parte foron perdendo o seu lugar na civilización. Porque para acadar o que se quere, non todo vale. A primeira das 3 citas teatrais que teremos este mes de decembro na Casa da Cultura do Valadouro.

#teatro #teatrovaladouro


?DECEMBRO DE TEATRO NO VALADOURO ?10 de decembro de 2022. ⌚19:00h. ?Salón de Actos da Casa da Cultura do concello do Valadouro. ?Entrada de balde.

Programa: Seráns Teatrais da Viceperesidencia Primeira de Deputación de Lugo.

Grupo: Bátega Teatro. Obra: O Mundo de Martiña.

Sinopse: Martiña é unha nena moi curiosa e espilida, mais hai cousas que non logra entender, como, por exemplo, que as súas opinións sexan menos importantes que as dos adultos, nin por que ten que calar e obedecer sempre a papá, a mamá, ao pai Edelmiro, á tía Amparo… cando é evidente o trabucados/as que están acotío. Iso de que estean Deus, o Ratiño Pérez, os Reis Magos, ou o anxo da garda observandoa para xulgar o seu comportamento e premiala ou castigala, tampouco lle acaba de gostar.
Na segunda metade do espectáculo, veremos a Martiña medrar. Verémola afrontar a regra, a paixón adolescente, a autoridade paterna ou o duro mundo laboral. Verémola sortear obstáculos e sacar conclusións. A través dun monólogo teatralizado, musicado e entretecido con cancións, Martiña enfrontarase á vida coas armas que vai descubrindo. O seu espíritu crítico e as súas dúbidas respecto do establecido nunca a abandoarán.


?DECEMBRO DE TEATRO NO VALADOURO ?17 de decembro de 2022. ⌚19:00h. ?Salón de Actos da Casa da Cultura do concello do Valadouro. ?Entrada de balde.

Grupo: Rebuldeira Teatro (Sarria)

Obra: Fráxiles

A Vicepresidencia. Deputación de Lugo, a través da Área de Cultura, organiza en colaboración coa concellería de Cultura do concello do Valadouro a representación da obra “Fráxiles” co grupo de teatro Rebuldeira a través do programa Circuíto de teatro afeccionado 2022 no ciclo Táboas Cheas de Emoción.

Sinopse:

Unha historia de historias, ás veces non tan fráxiles nin delicadas. Construída con fragmentos, anacos e con elementos aparentemente alleos, pero que conforman un universo, no que de súpeto resucita una roseira morta. Unha costureira pega un crucifixo á parede con cemento para que os milicianos non o retiren. Unhas irmás despídense do seu irmán que vai á guerra. Unha pintora tenta con toda a súa alma vender un cadro. Unha muller necesita a axuda heroica dos seus veciños para matar un rato. Dous comerciantes de gando descobren que a súa axudante considera que son perigosamente intelectuais. Un percusionista dunha banda militar ofrece un concerto de pratos. Un soldado envía un amigo fotógrafo á casa da súa moza para fotografiala espida. Unha avoa cóntalle a súa neta a historia de Santa Casilda, que converteu as rosas en pan.