? Regresa a terceira edición de CINE NA RÚA ó VALADOURO!!!!!

?O NOSO ÚLTIMO VERÁN EN ESCOCIA proxectarase, na súa versión en galego, ao aire libre na Praza de Santa María – Ferreira.

?28 de agosto de 2022. Domingo.

⏰21:30h

?Entrade de balde e orientada para público infantil/familiar.

“O último verán en Escocia é unha comedia moi entretida cunha forte dose de moralina que case logra emocionar pero, iso si, acada sacar un amplo sorriso e algunha que outra gargallada provocada pola espontaneidade e saídas dos tres pillabáns que, aínda que pareza mentira, acaban converténdose nos máis sensatos do conto. Atención tamén ao tratamento da paisaxe e da música tradicional celta que terá o seu punto álxido na catarse colectiva do fina”, segundo a crítica.

Un matrimonio en crise viaxa a Escocia con motivo do 75 aniversario do avó. Como está gravemente enfermo tratan de ocultar a súa difícil situación para que non lle afecte á saúde, pero non lles vai ser nada doado manter o segredo por mor dos seus tres falangueiros fillos.

Esta proxección chega da man da Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo e en colaboración coa área de cultura do concello do Valadouro.

⛈En caso de que as prediccións meteorolóxicas non foran as idóneas, a actividade trasladarase ó Salón de actos do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” do Valadouro.