GaliciaLe é a plataforma de préstamo de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas que ten por obxectivo facilitar o acceso de toda a cidadanía á cultura.
GaliciaLe proporciona un servizo de préstamo temporal de obras en formato dixital de temáticas diversas no que os intereses de todas as persoas lectoras terán o seu espazo (ficción, informática, historia, ocio etc.) e todas as idades o seu lugar.
En GaliciaLe o lector atopará dous catálogos: un que contén o “Catálogo galego” e outro que aloxa o “Catálogo en castelán”. As obras incluídas nestas dúas contornas poderán lerse e visionarse en dispositivos compatibles: tablets, teléfonos móbiles e ordenadores persoais.
Para poder acceder á plataforma GaliciaLe é preciso ter un dispositivo compatible (tableta, ordenador, móbil…), conta de correo electrónico e ser usuario da Biblioteca Pública Municipal de O Valadouro ou de calquera outra das bibliotecas que forman parte da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. En caso de non ser socio de ningunha das Bibliotecas, e mentres dure a Estado de Alarma, podes rexistrarte online temporalmente (https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-memberentry.pl). Desde que remate a corentena, disporás de 30 días para formalizar o carné e seguir usando as vantaxes de Galiciale.
Podes facer a lectura en liña do exemplar seleccionado (max. 2 libros por catálogo)e cunha duración de 21 días. Para non estar consumindo continuamente datos, tamén se poden descargar libros e neste caso precísase unha conta de Adobe ID e mais a aplicación Adobe digital Editions.
GaliciaLe tamén dispón de catálogo de películas en galego que se prestan por un prazo de 48 horas.
Mentres dure o Estado de Alarma todos os préstamos de libros da Biblioteca Pública Municipal de O Valadouro ata o 14 de marzo son renovados automáticamente.
Pax. da plataforma: https://www.galiciale.gal/