?Grupo Humorítisco Trípode en colaboración con Cáritas Alfoz-Valadouro Presentan: “I GALA DE SOLISTAS”
?Salón de Actos da Casa da Cultura do concello do Valadouro
?8 xaneiro 2022
⏰19:00h.
Os do grupo Humorístico Trípode convidan a 6 cantantes amigos para que creen espectáculo e arte musical no Salón de Actos da Casa da Cultura de Ferreira do Valadouro o vindeiro sábado, día 8 de xaneiro, ás 19,00 horas, seguindo escrupulosamente as normas Covid dictadas para esa data.
Os artistas convidados:
ÁLEX BARREIRA.
Natural de Mondoñedo. Participou nas diversas edicións do Festival Musical Arcadio Mon, de Alfoz e Valadouro, sendo o gañador da terceira edición. É profesor de percusión na Escola de Música O Pallarego de Mondoñedo. Esti-vo na orquestra Principal, onde cantou e tocou a guitarra. Participou en gru-pos musicais como Os Alcaldes da Pachanga, de Mondoñedo. Toca actual-mente na banda de Foz e en diversos grupos da Escola de Música de Mon-doñedo.
JONATHAN DASILVA.
Natural de Lourenzá. Participou nas diversas edicións do Festival Musical Ar-cadio Mon, de Alfoz e O Valadouro. Ten diversas cancións editadas, cuxos viodeoclips poden verse nas redes sociais. Foi recanteiro no programa Luar, da TVG, durante o ano 2021 representando á Mariña.
TONO ALONSO.
Natural de Foz, onde exerce a docencia no colexio Martínez Otero, do que foi director durante un tempo. Responsable dos instrumentos de corda da ronda-lla Latexos, de Foz. Formou parte da agrupación de cámara da Universidade Laboral da Coruña, onde tocou o laúd. Compuxo a música e cantou algunhas cancións na película “Tristeza na herba”. Participa activamente como presen-tador e como músico nos actos da Festa Normanda de Foz.
HUGO EIROÁ.
Natural de Burela. Cantautor moi sensible, con diversos temas musicais de gran inspiración e mensaxe.
PEDRO DEL RÍO.
Natural de Rinlo, en Ribadeo. De neno, formou parte da rondalla Chascorran-deira, do colexio público de Ribadeo. Forma parte do Coro da Mariña. Partici-pa nos cantos de taberna de Ribadeo co grupo Os do Clarete.
TONI CAZÁS.
Cantautor e músico de Viveiro, aínda que nado en Venezuela. Como músico, formou parte de diversos grupos de rock e de orquestras de baile. Foi o ga-ñador do Festival do Landro de Viveiro no apartado de “canción inédita” no ano 1999. Participou nas diversas edicións do Festical Musical Arcadio Mon de Alfoz e O Valadouro, como artista invitado.
#CulturaSegura #turismovaladouro #culturavaladouro #culturaésegura #Valadouro #Alfoz #OValadouro