Dentro do programa cultural de Nadal da Deputación de Lugo visitaranos dous magos os próximos sábados.

Sábado 2 de xaneiro co Mago Deimi.

Natural de Ribadavia (Ourense) tivo afección pola maxia desde neno, unha paixón que lle está acompañando toda a vida e así se pode comprobar en calquera dos seus espectáculos.

En canto á posta en escena, Mago  Deimi ofrécenos un espectáculo de maxia moi variada e divertida onde predomina o seu dinamismo cun estilo cómico e desenfadado. Tamén cabe destacar a variedade de xogos de maxia:  cartomaxia, manipulación, escapismo, mentalismo, maxia bizarra, levitacións, aparicións, maxia con lume, desaparicións, transformacións…

Sabado 9 de xaneiro co Mago David Méndez.

O aforo do Salón de Actos ten limitado o aforo conforme ás normativas para facer fronte á pandemia do COVID-19, se o prefires podes reservar o teu sitio chamando ao 982571516.