? Sábado 16 de outubro
⏰ 19:00 horas
? Salón de actos da Casa da Cultura

?Actividade: representación de “Xan Perillán e a maleta máxica”, realizado pola agrupación Os Monicreques de Kukas. Un espectáculo de monicreques dirixido a público familiar e nenos a partir de 3 anos, que mezcla clown e a pantomima coa maxia e manipulación de títeres. Interpretado por Marcelino de Santiago (Kukas) e dirixido por Isabel Rei. Esta actividade está englobada dentro do programa Ler Conta Moito de dinamización da Rede de Bibliotecas de Galicia.

?Sinopse: Xan Perillán é un home con sorte, tocoulle nunha rifa unha viaxe a Pernambuco… Pero onde está Pernambuco? No hemisferio Norte ou no Sur? Cun pouco de maxia e a axuda dos nenos seguro que o averiguará. Reúne todas as súas cousas e vai meténdoas nunha maleta, pero non é unha maleta calquera. É unha maleta máxica, xa que todo o que aquí se mete, convírtese nun truco de maxia.