BANDO REGULACIÓN TRÁFICO PRAZA DE SANTA MARÍA O DÍA 17 DE MAIO DE 2022
Obradoiros Atrévete a facer o teu propio Libro e Iniciación a Banda Deseñada
luns, 16 de maio de 2022
11 e 17 horas respectivamente na Casa da Cultura
Día das Letras Galegas; teatro, poesía e música.
martes, 17 de maio de 2022
19 horas na Praza Santa María de Ferreira
A Concellería de Cultura do Concello de Valadouro conmemora a insigne e máis destacada data de nosa cultura, O Día das Letras Galegas, celebrando varios actos formativos, culturais e de lecer.
Esta programación se inicia no luns, 16 de maio, con senllos obradoiros dedicados aos máis cativos:
Pola mañá ás 11:00 horas, Estefanía Padulles dirixe un interesante Obradoiro para a confeccíon dun libro propio que está orientado para nenos/as a partir de 5 anos.
Pola tarde, a eso das 17:00, é o turno de Jorge Campos, que impartirá un ameno Obradoiro de iniciación na Banda Deseñada que está orientado para participantes de máis de 7 anos.
Ambos obradoiros se realizaran nas instalacións da Casa da Cultura. O prazo de inscrición remata o venres, 13 ás 15:00 horas.
O 17 de maio, o día grande de nosas Letras Galegas, honraremos a memoria do ilustre homenaxeado, Florencio Delgado Gurriarán, glosando vida e obra a través de Trémola Teatro.
Seguidamente serán os membros da A.C. Amado Lar que recitaran poemas escollidos do autor de Valdeorras que mesturaran con interpretacións de música galega tradicional.
Lembrade que o acto do 17 de maio terá lugar na Praza de Santa María da vila de Ferreira a partires das 19:00 horas.
Anímadevos a participar desta festa tan importante do noso idioma e a nosa cultura.