👑👑👑Recepción Reis Magos no concello do Valadouro.

📅5 xaneiro 2022

⏰19:00horas

📌Pavillón Polideportivo Municipal de O Valadouro.


Nesta ocasión, e por motivos de seguridade e saúde cidadá, a delegación de cultura ofrecerá ós Reis Magos de Oriente unha Recepción no pavillón Polideportivo Municipal para poder facer fronte a todas as medidas de seguridade Anticovid-19.


Non haberá Cabalgata polas rúas de Ferreira, como outros anos, para evitar aglomeracións e cambiase o espazo para garantir a distancia de seguridade e a ventilación para que todos e todas podamos disfrutar da Recepción.


Nesta Recepción ofrecerase un espectáculo de música Brais Das Hortas e o seu Consertasso na horta. Unha ducia de cancións da casa, directamente traídas da horta, fresquiñas e variadas.


Desde o trap da Santa Compaña, ata os kiwis da veciña, pasando polas cabras que tiran para o monte comunal ou o lagharto arnau que está ao sol “tumbao”. Todo isto e máis ten cabida nete divertido concerto para toda a familia, cheo de enrxía e humor.

Despois do concerto, por orde e con distancia, cada neno pode pasar xunto da súa Maxestade favorita para pedirlle os seus desexos e sacar a fotografía de recordo.


#reis2022 #reismagos #braisdashortas #valadouro #OValadouro #culturasegura #culturaésegura #culturavaladouro #turismovaladouro