?30 Outubro

No concello do Valadouro celébrase o 30 de outubro o Samaín, un costume de orixe celta, que representa a fin do verán.

⏰11:00h

Entre as actividades previstas para Samain, a delegación de cultura do concello do Valadouro, organiza uns obradoiros no que se realizarán e se decorarán cabazas, manualidades, etc… se queres, podes traer a túa cabaza para decorar. Estes obradoiros comezarán ás 11:00horas e recoméndase inscrición previa.

⏰17:00h.

Pola tarde, e con parte dos elementos elaborados pola mañá, organizarase a festa do terror. Con moitos xogos, photocall, contos de medo, música, baile e moitas ganas de pasar unha tarde terroríficamente divertida. É moi recomendable acudir disfrazado. Todas estas actividades están ideadas para realizar nas instalacións da Casa da Cultura e anque é de tipo familiar as idades ideais están entre 3 e 12 anos.

Se desexas máis información ou inscribirte, podes chamarnos ó 982571516 ext 1 ou acudir ata a Casa da Cultura en horario de luns a venres de 10:00h. a 14:00h. e de 16:30h. a 19:30h. #samain #culturavaladouro #turismovaladouro #samaininfantil