?Teatro familiar
Grupo: Teatro de ningures
Obra (familiar): O GROCHO
? Data: 21 de novembro de 2021.
⏰ Hora: 19:00h.
Salón de Actos do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade do concello do Valadouro

Sinopse: “O Ogrocho” representa a historia dun pequeno ogro que vive só coa súa nai nunha casa no medio dun tupido bosque, apartado da comunidade. O día en que empeza a ir á escola e ve a outros nenos descobre a súa diferenza, non só no seu tamaño, senón tamén no seu instinto: é o fillo dun ogro que a súa nai amou de forma apaixonada. O Ogrocho, cos seus seis anos, a súa forza extraordinaria e a súa terrible herdanza, intenta reconcíliarse coa súa parte oculta, dominar os seus instintos nun intento de parecerse aos demáis.. Para elo ten que superar tres probas….

Breve escenificación da obra.