O vindeiro sábado 12 de xuño ás 20:00 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura dentro do programa Ciclo Gargalladas da Deputación de Lugo o Grupo de Teatro Os Trocos de Castro de Rei, presenta “Por un puñado de Grelos” de Guillermo Cancelo.

A acción transcorre na Terra Cha tendo como límite xeográfico o Rio Torto por unha beira e Xustas Town pola outra. Coméntase en Xustas Town, que nun lugar chamado A Escrita, por onde pasa o Río Azúmara, e que está controlado polo pobo dos Valuros, está aparecendo ouro. A Escrita é a única paraxe natural onde se dá a planta sagrada Os Grelos, e un pobo como os Valuros, respetuoso ca natureza e os seus ancestros, non consentirá unha nova invasión por parte do pobo branco.

O aforo do Salón de Actos ten limitado o aforo conforme ás normativas para facer fronte á pandemia do COVID-19, se o prefires podes reservar o teu sitio chamando ao 982571516.