O próximo 9 de outubro, O Valadouro ensalza o seu produto máis famoso na XXXIV Feira do Mel.
Os apicultores e demais vendedores de produtos de tempada como poden ser as castañas ou a mazá, poñerán á venda as súas colleitas na Praza de Santa María.
Entre outras actividade, contarase con sorteos de lotes de produtos entre os asistentes que se sortearán ás 14:00h. e ás 19:00h ou mesmo unha ruta de tapeo polos distintos locales hostaleiros de Valadouro.
O Concello do Valadouro busca manter unha cita marcada na súa tradición, que durante anos serviu para dar publicidade e valor ao ouro líquido que se extrae das mais de 500 colmeas asentadas no seu termo municipal.
Se tes un posto, se queres podes consultar as bases ou inscribrite con modelos oficiais.
Programa
10:00 horas. Apertura do Mercado
11:30 horas. Animación musical tradicional e pasacalle a cargo do grupo de gaitas Acm Dambara Burela.
12:30 horas. Presentación do libro “Os irmáns de América” de Prudencio Viveiro Mogo, acompañado de Lionel Rexes e Eduardo Chao.
13:00 horas. Degustación gratuíta de filloas con mel.
14:00 horas. Sorteo dun lote de produtos.
16:30 horas. Animación infantil. Xogos e actividades lúdicas para nenos e nenas na Praza de Santa María.
17:00 horas. Actuación da charanga Louband Oficial de Sarria.
18:00 horas. Degustación gratuíta de filloas con mel.
19:00 horas. Sorteo dun lote de produtos.
Durante toda a xoranda haberá Ruta de Tapeo pola Hostelería de Ferreira do Valadouro como homenaxe á gastronomía de outono.
Presentación libro “Os irmáns de América”
Un dos actos que congregou numerosos asistentes foi a presentación do libro “Os irmáns de América” de Prudencio Viveiro Mogo, acompañado por Lionel Rexes e o concelleiro de cultura Eduardo Chao.
Animación infantil
Tamén houbo espazo para os máis pequenos da casa e organizáronse diversos xogos populares como carreiras de sacos, brilé, tiro á corda, petanca, canicas…
Música
Esta edición estivo amenizada musicalmente tanto pola mañá como pola tarde co grupo de gaitas Acm Dambara de Burela e coa charanga Louband de Sarria.
Sorteos
Despois das degustacións gratuítas de filloas con mel, realízaronse dous sorteos de produtos apícolas e de tempada doados polos postos do mercado. As agraciadas foron Conchi G.A. (papeleta nº 0478) e Alicia I.F. (papeleta nº 0255).
Durante toda a xornada celebrouse a Ruta de Tapeo polos distintos locais de hostalaría, onde os produtos de outono foron os protagonistas. Ademáis sorteouse unha fantástica estancia para dúas persoas nunha casa de turismo rural entre todos aqueles que participaron selando a cartilla. A afortunada foi a veciña de Burela Yolanda C.F.