????????????XXXVIII SEMANA DO TEATRO AFECCIONADO DO VALADOURO
????Salón de actos da Casa da Cultura do Concello do Valadouro
????ENTRADA DE BALDE
⌚22:00H.
????Desde o sábado 31 de agosto ó 6 de setembro de 2024.
⌛️Nesta edición contamos con grupos de fora e do sur da provincia de Lugo, sen esquecernos da representación mariñá nin dos grupos locais. Un dos grupos é a primeira vez que acude ó Valadouro e o resto é raro que se hai obra en cartel non acudan ó escenario da Casa da Cultura dentro da programación da Semana do Teatro ou mesmo en outras citas que coordina a concellería de cultura do concello do Valadouro. Para que este programa se leve adiante cóntase coa axuda Xunta de Galicia.
????31 agosto o grupo TEATRO PEDROSO representa “A Inmortal”.
????1 setembro o grupo humorístico TRÍPODE estrea o seu traballo “A presa”.
????2 setembro o Colectivo Cultural Ollomao representa un dos seus últimos traballos: “Pan con chocolate”.
????3 setembro o grupo Pico do Castro interpreta o “Trato a cegas”.
????4 setembro o grupo de Palas Metátese Teatro escenificará “Na procura dun traballo”.
????5 setembro o grupo fazourense Adala Futura representará a creación propia ” Rosalía café”.
????6 setembro, o grupo local Os Pícaros de Lagoa actuará co seu traballo “Os Tres pés”.
Teatro de todas os estilos e vertentes para disfrutar de balde no Valadouro.
Viva o teatro!!!