O programa para o Entroido 2020 xa está dispoñible.
O 23 de febreiro a partir das 17h desfrutaremos do desfile polas rúas do centro da vila: Parque Concepción Arenal, Avda. Andrés López Palmeiro, Praza de Santa María, Avda. Andrés López Palmeiro e Avda. de Viveiro (ata o número 17). Para rematar teremos baile e entrega de premios no Pavillón Municipal amenizado pola Discoteca Eventec.
Podedes inscribirnos de forma anticipada nas oficinas da Casa da Cultura de luns a venres en horario de 10:00h. a 14:00h. e de 16:00h. a 20:00h e os sábados de 10:00h. a 13:00h. ou o mesmo domingo, día 25, desde as 15:00h. ata as 16:30 h., nas instalacións do parque Concepción Arenal.
O 29 velaremos a sardiña, a comitiva fúnebre sairá da Casa da Cultura cara a praza de Santa María, a Comparsa Alfoz-Valadouro será a encargada de amenizar o percorrido, e un bruxo fará lectura das coplas para rematar co xuízo a Dona Sardiña na praza.
Desfile e Plan de Tráfico

