A vindeira fin de semana, O Valadouro faille unha homenaxe ó mel con actos durante toda a xornada para todos os gustos. Comezamos coa apertura da feira con postos de mel, produtos apícolas e artesanía durante toda a xornada do sábado día 13.
Pola mañá, en colaboración co centro de Artesanía e Deseño organízase unha demostración artesanal de instrumentos musicais impartido por Xaneco ó igual que a campaña de Ecoembes que vai a repartir na feira información para aprender a reciclar.
A mediodía, contaremos cun sorteo de produtos derivados do mel.
Xa pola tarde os novos da casa poderán xogar e brincar nos inchables e participar nos obradoiros de pintacaras e globoflexia.
Pola tarde tamén, para rematar a parte externa da feira, teremos unha degustación de feixós con mel.
Mentres dure a feira, o grupo de música tradicional O Xogaral de Burela porá as notas musicais.Ó remate do día, unha conferencia con apicultores, investigadores da Universidade de Santiago de Compostela e unha empresa especializada en niños de velutina ofrecerán información sobre a Apicultura, Ciencia e o o seu Control.