O Concello do Valadouro a través da APP TurisGalicia ten activa unha canle de Whatsapp, no cal podes estar informado de toda a actualidade municipal. (Programación Cultura, subvencións, anuncios, avisos, ofertas de emprego municipal….)

Suscríbete á nosa cale de Whatsapp do Concello en só 2 sinxelos pasos.

1.- Engade o teléfono 633 600 435 á túa lista de contactos.

2.- Envíanos a mensaxe “alta turisgalicia” seguida de Valadouro e o teu nome e apelidos.

Exemplo (alta turisgalicia, O Valadouro, Sonia Gómez Ulloa) vía WhatsApp.