Estes días se produciuse un descenso importante nos niveis de Auga Potable almacenada nos depósitos municipais do Valadouro debido ao excesivo consumo veciñal por mor de uso indebido e ante a carencia de auga nos puntos de captación.
Co fin de garantir o abastecemento para as necesidades básicas de persoas, animais e funcionamento de negocios e empresa PROHÍBESE, ata novo aviso, a utilización de auga potable da traída municipal para usos non prioritarios como regos de xardíns (excepto alimentos), enchidos de piscinas ou similares, limpezas de vehículos ou espazos ao aire libre e calquera outro uso que non responda a necesidades básicas de persoas ou animais.