O Concello do Valadouro cun investimento de 83.701,23 euros financiado por importe de 69.617,00 € con fondos FEDER da Unión Europea a través da  Axencia  Galega de  Desenvolvemento Rural (Agader) executou as seguintes actuacións dentro do programa de Mellora de Camiños Municipais de Acceso a parcelas agrícolas 2023-2024.

  • Mellora do acceso ao núcleo de Cabanela (2023-2024)

Os traballos realizados comprenden as seguintes actuacións:

  • Estendido dunha capa de mestura asfáltica en quente tipo AC16 SURF 50/70 D de 5 cm de espesor.
  • ampliación da plataforma mediante a execución dun muro de bloques paralepipédicos de granito de sostemento nun estreitamento da calzada en curva.
  • limpeza de cunetas para facilitar a circulación das augas de escorrentía.
  • instalación dunha barreira de seguridade que protexa da caída aos vehículos e coa sinalización horizontal da vía, así como o repintado do STOP existente no cruzamento coa estrada autonómica.