O Concello de O Valadouro e o Centro de Día Aloumiños organizan “Cuidar(te)“. “Cuidar(te)” é un programa de apoio e formación que está dirixido a aqueles veciños/as do termo municipal do Valadouro que no día a día exercen a labor de coidar daquelas persoas dependentes ó seu cargo e que como consecuencia, requiren de axuda de terceira persoa para a realización das actividades básicas da vida diaria. 

Cuidar(te)” é unha iniciativa que pretende crear un espazo no que o/a coidador/ra se senta oído, escoitado e comprendido. En resumo ser un lugar de encontro para compartir experiencias comúns que xorden na tan importante labor dos coidados e que, tristemente, quedan no esquecemento máis a cotío do que debera acontecer.

Lembra que para coidar dalguén é necesario coidar dun/dunha mesmo/a. Coidar de nos tamén é coidar mellor dos nosos seres queridos dependentes.

Para máis información e inscricións contactar no 982.57.40.00  cos Servicios Sociais do Concello de O  Valadouro.