⚠⚠⚠TEATRO CÓMICO NO CONCELLO DO VALADOURO: ISABEL RISCO E FRAN REI COA PEZA “DÚO VAGUEDADES”.

????26 Maio 2023

????21:00h.

????Salón de Actos da Casa da Cultura do Concello do Valadouro

????Entrada de Balde

Sabemos que Rosalía de Castro e Eduardo Pondal son poetas fundamentais do Rexurdimento, mais pouca xente sabe que, a mediados do século XIX, formaron un dúo musical, o Dúo Vaguedades, que acadou grande éxito nas festas, foliadas e romarías do país. Até hoxe, non existían rexistros desta actividade paralela de Rosalía de Castro e Eduardo Pondal, mais o achado dunhas gravacións inéditas no soto do Museo do Pobo Galego sacan por fin á luz este fito imprescindible da nosa cultura. As cintas atopadas recollen documentos gráficos e audiovisuais de varias actuacións do Dúo Vaguedades, imaxes do backstage, pezas para promoción e mesmo vídeo-clips.

Con este importante descubrimento, non só podemos apreciar esta faceta descoñecida até agora destas dúas figuras do noso Rexurdimento, se non que, ademais, podemos constatar o carácter anovador deste proxecto cultural, xa que estariamos a falar da primeira banda de música techno da historia, máis dun século antes de que grupos e artistas de Detroit, USA popularizaran este estilo baseado no uso experimental do sintetizador. Asemade, na obra do Dúo Vaguedades tamén teñen cabida outros ritmos, e podemos distinguir doadamente aires latinos, melodías pop e fusións con rap, hip hop, trap e mesmo reggaetón