BASES PARA A SELECCIÓN DAS PERSOAS TRABALLADORAS PARTICIPANTES NO OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO “ TERRAS DO OURO 2021 ”

Primeira.- Obxecto.

Estas bases teñen como finalidade, de conformidade co previsto no artigo 11 da Orde do 31 de decembro de 2020 da Consellería de Emprego e Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para os obradoiros duais de emprego da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (DOG nº 22, do 3 de febreiro de 2021), establecer o sistema, requisitos, baremos ou probas que se aplicarán na selección das 20 persoas alumnas traballadoras que participarán no obradoiro dual de emprego “ TERRAS DO OURO 2021 ”, promovido polo Concello de Foze subvencionado pola Consellería de  Emprego e Igualdade.

Segunda.- Relación xurídica das persoas traballadoras participantes coa entidade promotora do obradoiro de emprego.

Durante a súa incorporación ao obradoiro dual de emprego as persoas alumnas seleccionadas estarán vinculadas á entidade promotora mediante a modalidade de contrato para a formación e aprendizaxe.

Os contratos de traballo terán carácter temporal, cunha duración de nove meses e serán a xornada completa.

De conformidade co establecido no artigo 14 da Orde do 31 de decembro de 2020 da Consellería de Emprego e Igualdade, non é aplicable a este proceso selectivo a normativa establecida para os procedementos de selección de persoal das distintas administracións públicas, aínda que a entidade promotora sexa un organismo público. Os alumnado-traballador seleccionado non se considerarán incluídos nos correspondentes cadros de persoal ou relacións de postos de traballo, e consecuentemente, non será precisa oferta de emprego pública previa.

Terceira.- Requisitos das persoas aspirantes.

As persoas participantes no proceso selectivo deberán reunir os seguintes requisitos:

Requisitos xerais.

  • Ter dezaoito ou máis anos de idade.
  • Estar desempregadas, entendéndose nesta situación ás persoas demandantes de emprego inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia, que carezan de ocupación remunerada e estean dispoñibles para o emprego. Este requisito deberá de manterse na súa data de incorporación ao proxecto.
  • Cumprir os requisitos establecidos na normativa reguladora do contrato para a formación e aprendizaxe, co obxecto de ter vinculación mediante un contrato de tales características ao obradoiro dual de emprego, desde a súa incorporación ao proxecto, en aplicación do previsto nos artigos 2 e 5 desta orde de convocatoria.
  • Cando a formación a impartir no proxecto vaia dirixida á obtención de certificados de profesionalidade de nivel de cualificación 2 ou 3, cumprir cos requisitos de acceso sinalados nos reais decretos que regulan ditos certificados.
  • Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o normal desempeño das funcións que corresponden á ao posto convocado, estando en condicións de incorporarse ao mesmo na data de inicio do proxecto formativo.

               b) Requisitos específicos:

1º- Nivel profesional: ata oficial de 2ª inclusive.

Quinta: causas de exclusión

  • Non cumprir os requisitos exixidos nestas bases e na orde de convocatoria, no momento da súa incorporación ao obradoiro dual de emprego.
  • Ter cursado a especialidade formativa que se programa no obradoiro e para a cal foi seleccionado/a.

Sexta.- Oferta de actividade.

Unha vez aprobadas as bases de convocatoria e aprobados os criterios de selección das persoas alumnas traballadoras que van participar no obradoiro dual de emprego, presentaránse  ofertas de emprego, en función das especialidades formativas que se van a impartir e dos concellos nos que están localizadas as actuacións previstas no proxecto de obradoiro, definindo nas mesmas os parámetros de sondaxe.

Neste caso correspondendolle tramitar as ofertas ás oficina de emprego de:

Oficina de emprego Ribadeo:

OFERTA 1

  • Ámbito xeográfico: Concello de Foz.
  • Número de persoas alumnas-traballadoras: 12
  • Especialidade formativa a cursar:  Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes AGAR0309
  • Ocupacións ou postos de traballo relacionados: (Xardineiro, peón xardineiro, peón forestal, traballador forestal) NIVEL 1
  • Nivel profesional: ata oficial de 2ª inclusive
  • Requisitos: reunir os requisitos sinalados no Real decreto que regula o certificado de profesionalidade e os demáis exixidos nestas bases.

Oficina de Emprego de Burela:

OFERTA 2

  • Ámbito xeográfico: Concello de  Valadouro.
  • Número de persoas alumnas-traballadoras: 4
  • Especialidade formativa a cursar: Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes AGAR0309.
  • Ocupacións ou postos de traballo relacionados:(Xardineiro, peón xardineiro, peón forestal, traballador forestal) NIVEL 1
  • Nivel profesional: ata oficial de 2ª inclusive
  • Requisitos : reunir os requisitos sinalados no Real decreto que regula o certificado de profesionalidade e os demáis exixidos nestas bases.

OFERTA 3

  • Ámbito xeográfico: Concello de Alfoz
  • Número de persoas alumnas-traballadoras: 4
  • Especialidade formativa a cursar:  Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes AGAR0309.
  • Ocupacións ou postos de traballo relacionados:(Xardineiro, peón xardineiro, peón forestal, traballador forestal) NIVEL 1
  • Nivel profesional: ata oficial de 2ª inclusive
  • Requisitos: reunir os requisitos sinalados no Real decreto que regula o certificado de profesionalidade e os demáis exixidos nestas bases.

A oficina de emprego remitirá ao Concello de Foz a relación das persoas candidatas resultado da oferta, na medida do posible, tres por posto.

Concluída a sondaxe, a oficina de emprego comunicará por carta ás persoas candidatas o lugar, data e hora á que deberán asistir para realizar a entrevista persoal, indicándolles así mesmo que deberán de facelo provistos da documentación, en orixinal ou copia compulsada, que acredite os méritos sinalados nestas bases, así como dunha copia para entregar ao Tribunal de selección.

A selección terá lugar o XOVES, 30 de setembro de 2021, na Aula Magna do IES do Concello de Foz, ás 16::00 horas  para persoas alumnas traballadoras do módulo que se vai a impartir en Foz, Valadouro e Alfoz

Sétima: Procedemento de selección

De acordo co disposto na orde de convocatoria terán preferencia para participar nestes proxectos as persoas que, tendo prevista a realización deste tipo de medidas no seu itinerario de inserción profesional, teñan especiais dificultades de inserción no mercado de traballo, tales como os emigrantes retornados; as mulleres en xeral; as mulleres vítimas de violencia de xénero; as persoas que esgotasen as prestacións e subsidios por desemprego; as persoas paradas de longa duración; as persoas maiores de corenta e cinco anos; as persoas que carecen de títulos universitarios e de FP de grao superior, excepto para os certificados de profesionalidade de nivel de cualificación 3 en que se require unha maior formación, xa que estes programas van dirixidos ás persoas que, con carácter xeral, carecen dunha cualificación profesional; as persoas con discapacidade, sempre que poidan realizar os traballos, e as persoas beneficiarias do tramo de inserción da renda de inclusión social de Galicia.

En todo caso, terán prioridade na selección aquelas persoas alumnas candidatas que non tiveran participado nos cinco últimos anos nun obradoiro de emprego, polo que aqueles que partiparon en anteriores obradoiros pasarán ao final da lista no orden que lle corresponda tendo en conta a súa puntuación.

Á vista do anterior, o Tribunal de selección en primeiro lugar celebrará unha entrevista persoal co obxectivo de avaliar o interese da persoa candidata en participar no proxecto e as súas aptitudes e capacidades, tanto as de carácter xeral coma as relativas á súa adecuación ás singularidades do proxecto formativo, entrevista que se valorará con 11 puntos.

Unha vez rematadas todas as entrevistas, faranse públicas as puntuacións no mesmo local en que tiveron lugar as mesmas.

A continuación terá lugar a baremación de méritos obxectivos,  baremo establecido no Anexo I, por medio do cal serán avaliadas as circunstancias persoais e profesionais das persoas candidatas remitidas pola oficina de emprego, cunha puntuación máxima de 26 puntos.

Finalizado o proceso de selección, o Tribunal de selección procederá ao establecemento das puntuacións finais das persoas candidatas participantes no procedemento; puntuacións que virán dadas pola suma dos puntos acadados na entrevista persoal e na valoración de méritos e determinarán a orde de prelación das persoas candidatas para a súa ulterior contratación pola entidade promotora.

A relación das persoas admitidas (facendo constar para cada unha a puntuación total e a/as especialidade/s formativas ás que son adscritos) e excluídas ( sinalando neste último suposto os motivos da exclusión) no proceso selectivo será exposta nos taboleiros de anuncios e nas  páxinas web do Concello de Foz, Alfoz e Valadouro, así como nos taboleiros de anuncios das oficinas de emprego. No caso de que as sondaxes da oferta se realizasen en concellos pertencentes a outra oficina de emprego distinta da tramita a oferta de emprego tamén se expoñerán no oficina de emprego correspondente.

No suposto de empate nas puntuacións de dous o máis candidatos, terá preferencia aquel que teña máis antigüidade como desempregado a contar dende o último emprego segundo a vida laboral, e en caso de empate o de maior idade.

O Tribunal de selección asinará a acta de todo o actuado, por duplicado exemplar, e remitirá un exemplar á entidade promotora para o seu cumprimento e outro á xefatura territorial.

Oitava.- Listaxe de reserva.

O Tribunal de selección  coa finalidade de suplir as posibles baixas das persoas seleccionadas como alumnas traballadoras, poderá elaborar unha lista de reserva que estará integrada polas persoas candidatas que, non sendo seleccionadas, obtiveran as maiores puntuacións. En caso de esgotarse realizaríase novamente oferta na oficina de emprego.

Esta listaxe de reserva terá vixencia mentres sexa posible substituir ao alumno/a traballador/a.

Novena.- Aprobar a composición do Tribunal cualificador é a seguinte:

  •  Presidente: Ramón Rodriguez Paleo, Departamento obras Concello de Foz.
  •  Suplente: Rafael Marful López, Aparellador do Concello de Foz.
  • Vocal: Pablo Dorado Lanza, Arquitecto municipal do Concello do Valadouro.
  • Suplente: Regina Blanco Martínez, Secretaria-Interventora do Concello do Valadouro.
  • Vocal: Juan Carlos Otero Cabanas, Maquinista conductor do Concello de Alfoz.
  • Suplente : María  Sofía Sanmartín Novoa, Secretaria- Interventora do Concello de Alfoz.
  • Vocal: Maria Salome Rodriguez Varela, Orientadora Laboral do Concello de Foz.
  •  Suplente: Antonio Vizoso Hermida, Arquitecto municipal do Concello de Foz.

Secretario con voz sen voto:

  • Secretario: D. Cristina Balseiro Fernández, Axente de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Foz.
  • Suplente: Maria Delia Lorenzo Díaz, Auxiliar de Secretaria do Concello de Foz.

Contra a composición dos membros do tribunal, poderá formularse recusación cando concurra as circunstancias previstas no artigo 24 da Lei 40/2015 de Réxime xurídico do Sector Público.

Décima- Admisión.

As persoas seleccionadas polo Tribunal de selección serán admitidas pola entidade promotora, para participar no obradoiro dual de emprego na condición de alumnos/as traballadores/as sempre e cando cumpran os requisitos destas bases, para o que deberán pasar un recoñecemento médico e ser declarados aptos para o desempeño dos traballos a realizar no obradoiro de emprego.

En todo caso os requisitos de selección deben de manterse na data de incorporación ao proxecto.

Décimo primeira.- Incidencias e reclamacións:

As incidencias e reclamacións que se poidan suscitar, derivadas dos procesos de selección, presentaranse ante

o Tribunal de selección  no prazo de 2 días naturais, a contar desde o seguinte ao da exposición da relación de persoas candidatas admitidas, excluídas e reservas ,e serán resoltas por este, sen que caiba ulterior recurso en vía administrativa.

Décimo segunda.- Publicidade das bases:

Estas bases serán publicadas nos Taboleiros de anuncios e nas páxinas web dos Concello de Foz, Alfoz e Valadouro,  e na  da oficina de emprego que tramite a oferta.

No caso de que as sondaxes da oferta se realizasen en concellos pertencentes a outra oficina de emprego distinta da tramita a oferta de emprego tamén se expoñerán no oficina de emprego correspondente.



BASES PARA A SELECCIÓN DO DIRECTOR DO OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO  “TERRAS DO OURO 2021”

Primeira .- Obxecto.

Estas bases teñen como finalidade, de conformidade co previsto no artigo 12 da Orde do 31 de decembro de 2020 da Consellería de Emprego e Igualdade pola que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para os obradoiros duais de emprego  da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (DOG nº 22, do 3 de febreiro de 2021), establecer o sistema, requisitos, baremos ou probas que se aplicarán na selección do persoal directivo que participará no obradoiro de emprego “  TERRAS DO OURO 2021”, promovido polo Concello de Foze subvencionado pola Consellería  Emprego e Igualdade.

Posto convocado: 1 posto de director/a

Segunda.- Características dos contratos de traballo

O contrato de traballo que subscribirá a entidade promotora coa persoa candidata seleccionada terá carácter, temporal, cunha duración de nove meses e será a xornada completa.

A persoa que resulte seleccionada estará sometida ó réxime de incompatibilidades que determina a lexislación vixente, debendo permanecer no obradoiro de emprego durante a xornada de traballo.

De conformidade co establecido no artigo 14 da Orde do 31 de decembro de 2020 Consellería de  Emprego e Igualdade, non é aplicable a este proceso selectivo a normativa establecida para os procedementos de selección de persoal das distintas administracións públicas, aínda que a entidade promotora sexa un organismo público. As persoas seleccionadas non se considerarán incluídas nos correspondentes cadros de persoal ou relacións de postos de traballo, e consecuentemente, non será precisa oferta de emprego pública previa.

Terceira- Funcións do posto de traballo

As funcións que, con carácter xeral, corresponden ao posto de traballo obxecto desta convocatoria, son:

  • Coordinación xeral do obradoiro de emprego, garantindo que se cumpran os obxectivos perseguidos coa posta en funcionamento do obradoiro de emprego.
  • Supervisar a formación do alumnado-traballador e a labor educativa do persoal docente.
  • Superior dirección do persoal, controlando que cumpran coas súas obrigas, especialmente aquelas que deriven da aplicación da normativa de Seguridade e Saúde laboral.
  • Responsabilizarase de que se imparta a formación en prevención de riscos laborais e a outra formación complementaria programada.
  • Encargarase da parte administrativa e de xestión do obradoiro.
  • Aquelas outras que, con ocasión do desenvolvemento do proxecto, lle sexan encomendadas pola entidade promotora.

Cuarta.- Requisitos dos aspirantes.

A persoas interesadas en participar no proceso selectivo deberán reunir os seguintes requisitos:

  • Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o normal desempeño das funcións que corresponden á ao posto convocado, estando en condicións de incorporarse ao mesmo na data de inicio do proxecto formativo ou naquela que se lle indique.
  • Non ter sido separadas, mediante expediente disciplinario, do servizo de calquera das Administracións Públicas, nin ter sido inhabilitadas para o exercicio da función pública.
  • Ter os coñecementos e a experiencia necesarios para desenvolver as funcións definidas anteriormente.
  • Estar en posesión da titulación de enxeñeiro agrónomo, enxeñeiro de montes, enxeñeiro técnico agrícola ou enxeñeiro técnico forestal  e ter experiencia de 24 meses coa titulación
  • Acreditar a competencia docente mediante o certificado de profesionalidade de formador ocupacional ou co certificado de profesionalidade de docencia da formación profesional para o emprego. Estarán exentas de esta acreditación aquelas persoas que cumpran o disposto no artigo 13.1 (apartados a, b, c) do Real decreto 34/2008, de 18 de xaneiro, polo que se regulan os certificados de profesionalidade.

       En todo caso, as persoas interesadas deberán posuír os ditos requisitos ou estar en condicións de obtelos na data na que se leve a cabo a sondaxe pola oficina de emprego.

Quinta.- Baremo

       Os méritos que serán valorados son os que de seguido se relacionan e deberán acreditarse mediante documentos orixinais ou fotocopias compulsadas.

I) Experiencia profesional/docente:

  • Experiencia como director/a en escolas obradoiro, casas de oficios e obradoiros de emprego: 0,50 puntos por cada seis meses completos de traballo ata un máximo de 2,0 puntos.
  • Experiencia profesional coa titulación ou na ocupación exixida nestas bases para o posto de traballo: 0,25 puntos por cada 6 meses completos de traballo  nos últimos 10  anos ata un máximo de 3,0 puntos.

O período mínimo de experiencia profesional exixida para a admisión ó proceso selectivo, non poderá ser obxecto de valoración neste apartado.

       A experiencia profesional acreditarase:

  • no caso de traballador/a por conta allea: certificación de vida laboral expedida pola Seguridade Social  xunto con contratos de traballo e/ou recibos de salarios.
  • no caso de traballadores/as autónomo/ass: mediante certificación de vida laboral expedida pola Tesourería Xeral da Seguridade Social na que conste o epígrafe de cotización e certificación da Agencia Tributaria dos períodos de alta no IAE.
  • no caso de traballos realizados no estranxeiro: mediante certificación oficial na que conste a ocupación ou profesión exercida e coa categoría profesional e a ocupación esixidas nas presentes bases e os seus períodos de tempo.

II)  Cursos recibidos:

  • Curso básico de  prevención de riscos laborais de 35 horas ata 60 horas: 0,25 puntos.
  • Curso de nivel medio de  prevención de riscos laborais de 300 horas: 0,50 puntos.
  • Curso de nivel superior de  prevención de riscos laborais de 600 horas: 1,00 puntos.

Os cursos acreditaranse co diploma correspondente, no que necesariamente deberán de figurar no dorso os contidos do mesmo e ter sido impartidos por entidades públicas.  De non figurar na documentación acreditativa a súa duración en horas, non serán obxecto de valoración.

Soamente se valorará o  curso de maior duración, sendo a puntuación máxima neste apartado 1 punto.

En ningún caso serán valorados aqueles cursos ou asignaturas integrantes dun título académico,  Máster ou outra Titulación de Postgrao.  Tampouco serán valorados módulos ou unidades formativas que formen parte dun mesmo curso.

III) Coñecementos de lingua galega:

  • Curso de iniciación: 0,25 puntos.
  • Curso de perfeccionamento: 0,50 puntos

Estas puntuacións non serán acumulables entre si, valorándose só a superior, polo que a puntuación máxima que se pode acadar neste apartado será de 0,50 puntos.

Estes cursos acreditaranse co diploma ou certificación correspondente.

Só se concederá validez polo que á acreditación do galego se refire aos cursos ou titulacións homologadas pola Secretaría Xeral de Política Linguística,

Sexta.- Oferta de emprego

Unha vez constituido o Tribunal de selección , e aprobados os criterios de selección das persoas candidatas que van participar no obradoiro de emprego, presentarase a oferta na oficina de emprego de Ribadeo, para a súa tramitación, establecéndose como parámetros da sondaxe os seguintes:

  • Ámbito xeográfico: Concellos de Foz, Alfoz e Valadouro. De non atoparse candidatos ampliarase aos concellos limítrofes ata acadarse o número máximo de 3candidatos/as (dando prioridade a aqueles concellos que non teñan concedido este ano un obradoiro de emprego). Se non se acadan eses 3 candidatos/as ampliarase  a sondaxe ao ámbito provincial ou autonómico  e en último caso, se fose necesario a oferta será obxecto de difusión pública.
  • Número de postos: 1
  • Número de candidatos a remitir:  3 candidatos por posto   na medida do posible.
  • Titulacións esixidas: Enxeñeiro Técnico Forestal, Enxeñeiro Técnico Agrícola, Enxeñeiro de Montes  ou agrónomo, e unha experiencia mínima de 24 meses coa titulación.
  • Requisitos: según bases.

A oficina de emprego remitirá ao Concello de Foz a relación das persoas candidatas resultado da oferta, na medida do posible, tres por posto.

Concluída a sondaxe, a oficina de emprego comunicará por carta ás persoas candidatas o lugar, data e hora á que deberán asistir para realizar a entrevista persoal, indicándolles así mesmo que deberán de facelo provistos da documentación, en orixinal ou copia compulsada, que acredite os méritos sinalados nestas bases, así como dunha copia para entregar ao grupo mixto.

A selección terá lugar ás  10,00 horas o luns, 4 de outubro  de 2021  no Salón de Plenos da  Casa Consistorial do Concello de Foz.

Sétima- Procedemento de selección

As actividades selectivas terán por finalidade determina-la adecuación das persoas candidatas ao posto de traballo ofertado e consistirán na celebración dunha entrevista persoal e nunha valoración de méritos.

O Tribunal de selección  en primeiro lugar celebrará unha entrevista persoal co obxectivo de avaliar o interese da persoa candidata en participar no proxecto e as súas aptitudes e capacidades, tanto as de carácter xeral coma as relativas á súa adecuación ás singularidades do proxecto formativo, entrevista que se valorará cun máximo de 3,5 puntos.

Unha vez rematadas todas as entrevistas, faranse públicas as puntuacións no mesmo local en que tiveron lugar as mesmas.

A continuación terá lugar a baremación de méritos obxectivos. A tal fin, e de conformidade co previsto na base 5ª, os candidatos/as  deberán comparecer provistos da documentación que acredite os seus méritos, co obxecto de que sexa avaliada polo Tribunal de selección.

Os méritos a valorar no apartado de formación e experiencia profesional previa e a puntuación que poda corresponder a cada un, son os previstos na base quinta. A puntuación total máxima que se poderá  acadar na dita valoración de méritos é de ata  6,5  puntos.

Finalizado o proceso de selección, o Tribunal de selección  procederá ao establecemento das puntuacións finais das persoas candidatas participantes no procedemento; puntuacións que virán dadas pola suma dos puntos acadados na entrevista persoal e na valoración de méritos e determinarán a orde de prelación das persoas candidatas para a súa ulterior contratación pola entidade promotora.

As persoas candidatas que na data do remate do proceso selectivo, estivesen prestando servizos a tempo completo nun obradoiro de emprego, non poderán ser propostos para a súa incorporación ao novo proxecto, polo que pasarán a integrar a lista de reserva, ocupando o lugar que lles corresponda conforme á puntuación obtida no dito proceso de selección.

A relación das persoas admitidas (facendo constar para cada unha a puntuación total e a/as especialidade/s formativas ás que son adscritos) e excluídas ( sinalando neste último suposto os motivos da exclusión) no proceso selectivo será exposta nos taboleiros de anuncios  e nas  páxinas web do Concello de Foz, Alfoz e Valadouro así como nos taboleiros de anuncios das oficinas de emprego.

Terán preferencia as persoas que en igualdade de condicións de cumprimento do perfil requirido se atopen en situación de desemprego.

Se todas as persoas candidatas están en situación de desemprego, os criterios para dirimir os posibles empates entre as puntuacións obtidas por dúas ou máis persoas candidatas en cada unha das fases do proceso selectivo, así como nas puntuacións finais, son por orden de prelación:

  • A puntuación obtida  no apartado de experiencia como director/a
  • A puntuación outorgada no apartado de experiencia  profesional coa titulación .
  • A puntuación resultante no apartado de coñecementos do idioma galego
  • A puntuación obtida no apartado de cursos realizados
  • A persoa de maior idade.

O Tribunal de selección  asinará a acta de todo o actuado, por duplicado exemplar, e remitirá un exemplar á entidade promotora para o seu cumprimento e outro á xefatura territorial.

Oitava.- Aprobar a composición do Tribunal cualificador é a seguinte:

  •  Presidente: Ramón Rodriguez Paleo, Departamento obras Concello de Foz.
  • Suplente: María Luz Balsa Rábade, Secretaria do  Concello de Foz
  • Vocal: Vanesa Iglesias Sánchez, Departamento medio ambiente do Concello de Foz.
  • Suplente: Antonio Lestegás Moreda, Departamento de Intervención do Concello de Foz.
  • Vocal: Maria Salome Rodriguez Varela, Orientadora Laboral do Concello de Foz.
  •  Suplente: Antonio Vizoso, Arquitecto municipal do Concello de Foz
  • Vocal: Cándido Nazario Rodriguez Gil, Departamento Recaudación Concello de Foz.
  • Suplente: Rafael Marful López, Aparellador do Concello de Foz

Secretario con voz sen voto:

  • Secretario: D. Cristina Balseiro Fernández, Axente de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Foz.
  • Suplente: Maria Delia Lorenzo Díaz, Auxiliar de Secretaria do Concello de Foz.

Contra a composición dos membros do tribunal, poderá formularse recusación cando concurra as circunstancias previstas no artigo 24 da Lei 40/2015 de Réxime xurídico do Sector Público.

Novena- Admisión

A entidade promotora estará obrigada a contratar á persoa que sexa proposto polo Tribunal de selección atendendo as  puntuacións finais, sempre e cando cumpra cos requisitos que figuran nestas bases, para o que deberá aportar á entidade promotora do proxecto para a súa contratación certificado médico oficial, no que se certifique que a persoa interesada non padece enfermidade nin está afectada por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño dos traballos a realizar no obradoiro de emprego “ e declaración xurada de non ter sido separada, mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas, nin ter sido inhabilitada para o exercicio da función pública.

Non obstante o anterior, si a persoa candidata  proposta  para a contratación renunciase ou non estivese dispoñible para o emprego, o Tribunal de selección propoñerá a aquela persoa candidata que acadase a seguinte mellor puntuación final. No suposto de que xa non quedasen aspirantes que houbesen superado o proceso selectivo, procederíase a iniciar un novo procedemento selectivo, axustándose a estas bases.

Décimo primeira- Incidencias e reclamacións.

As incidencias e reclamacións que puideran derivarse do proceso de selección, presentaranse ante o Tribunal de Selección  para a selección no prazo de 2 días naturais  a contar dende o seguinte a publicación das actas e serán resoltas polo grupo de traballo mixto, sen que caiba ulterior recurso en vía administrativa.

Décimo segundo.- Publicidade das bases:

Estas bases deberán de ser expostas ao público nos taboleiros de anuncios da oficina de emprego que tramite a oferta, así como nos taboleiros de anuncios e nas páxinas web do Concello de Foz, Alfoz e Valadouro.


BASES PARA A SELECCIÓN DO PERSOAL DOCENTE DO OBRADOIRO DE EMPREGO “ TERRAS DO OURO 2021”-

Primeira .- Obxecto.

Estas bases teñen como finalidade, de conformidade co previsto no artigo 12 da Orde do 31 de decembro de 2020 da Consellería de Emprego e Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para os obradoiros duais de emprego  da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (DOG nº 22, do 3 de febreiro de 2021), establecer o sistema, requisitos, baremos ou probas que se aplicarán na selección do persoal docente e de administración  que participará no obradoiro de emprego “ TERRAS DO OURO 2021 ”, promovido polo Concello FOZ  e subvencionado pola Consellería de  Emprego e Igualdade.

Postos convocados:, tendo en conta as especialidades formativas que se van a impartir no obradoiro de emprego as prazas son:

2 Monitores/as  Forestais.

1 Administrador/a  a media xornada.

Segunda.- Características dos contratos de traballo

Os contratos de traballo que subscribirá a entidade promotora coas persoas candidatas seleccionadas terán carácter temporal, por un período de nove meses, e serán a tempo completo a dos monitores/as e a media xornada  a praza de administrador/a. 

As persoas que resulten seleccionadas estarán sometidas ó réxime de incompatibilidades que determina a lexislación vixente, debendo permanecer no obradoiro de emprego durante a xornada de traballo.

De conformidade co establecido no artigo 14 da Orde do 31 de decembro de 2020 da Consellería de  Emprego e Igualdade, non é aplicable a este proceso selectivo a normativa establecida para os procedementos de selección de persoal das distintas administracións públicas, aínda que a entidade promotora sexa un organismo público. As persoas seleccionadas non se considerarán incluídas nos correspondentes cadros de persoal ou relacións de postos de traballo, e consecuentemente, non será precisa oferta de emprego pública previa.

Terceira- Funcións do posto de traballo

3.1. Monitores

Desenvolverán a súa actividade educativa, para o adecuado desenvolvemento dos programas formativas, dentro dun marco pedagóxico e didáctico que permita ás persoas alumnas traballadoras obter o maior beneficio, de acordo coas directrices do proxecto do Obradoiro de emprego.

Tomar as medidas necesarias para que se cumpra o estipulado na normativa vixente sobre Seguridade  e Saúde no traballo.

Serán os responsables de impartir o ensino teórico-práctico correspondente á especialidade formativa que van impartir, e da aprendizaxe das persoas alumnas.

Colaborarán co director na realización da programación (de conformidade co disposto no certificado de profesionalidade) e nas probas de avaliación periódicas, así como na planificación das tarefas produtivas, e serán os responsables do cumprimento dos obxectivos propostos.

Serán os responsables do control de asistencia e produtividade das persoas alumnas traballadoras do obradoiro, debendo facilitar de forma obrigatoria semanalmente os partes diarios de traballo de cada traballador participante, o control de asistencia correspondente ó mencionado período.

Elaborarán nas datas e forma que o director lles fixe, unha lista global das necesidades de materiais, maquinaria, ferramentas, medios auxiliares, etc., necesarios para o normal desenvolvemento da actividade.

Realizarán o control de recepción dos pedidos, realizando listas periódicas, datadas, numeradas e debidamente detalladas dos mesmos e custodiarán os albarás ata a súa entrega ao director do obradoiro de emprego.

Colaborarán coa dirección nos labores de titoría das persoas alumnas traballadoras, comunicando a esta as incidencias que ocorran no obradoiro.

Serán os responsables da custodia, mantemento e conservación dos materiais, maquinaria e ferramentas propios do seu obradoiro, así como doutros de carácter xeral que lle sexan encargados pola dirección do obradoiro de emprego. Trimestralmente, a petición da dirección, realizarán un inventario dos medios do obradoiro, no prazo e forma que se exixa.

Serán os encargados de organizar os diferentes labores dos grupos de traballo, respondendo da execución das tarefas produtivas a realizar polo seu obradoiro.

Realizarán aqueles traballos xerais e inclusive os que supoñan un especial empeño e delicadeza, que lle sexan  encomendados pola dirección na execución das tarefas produtivas do obradoiro de emprego.

Fomentarán e participarán activamente en tódalas iniciativas de creación de emprego.

Serán responsables directos nos aspectos prácticos – produtivos das persoas alumnas traballadoras que estén o seu cargo, en especial no relativo á Seguridade e Saúde no traballo.

Será o encargado de impartir lo ensino teórico das especialidades dos obradoiros, e se fose preciso, o ensino correspondente  ao programa de formación empresarial e búsqueda de emprego. Encargarase, si a Dirección o considera necesario, da supervisión das obras.

Contribuirán á orientación profesional e laboral do alumnado traballador.

3.2.  Administrador/a

Será o encargado de realizar  os contratos laborais, nóminas de salarios, afiliación, liquidacións e cotización á Seguridade Social,  transferencias, control de facturas e albaráns, confección de documentos e manexo das aplicacións informáticas precisas, na forma e prazos adecuados.

Realizarán a base de datos e o arquivo do Obradoiro, tanto de persoal como dos medios, e será o encargado da obtención e confección dos datos estatísticos, rexistros, clasificación e arquivo de documentos, abastecementos, etc…

Impartirá o módulo de iniciación a informática ós alumnos traballadores.

Impartirá  o módulo de inserción laboral e técnicas de búsqueda de emprego ós alumnos traballadores.

Calquera outra función propia do seu cargo que lle encomende a Dirección

Cuarta.- Requisitos das persoas candidatas.

4.1 Requisitos xerais

Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o normal desempeño das funcións que corresponden á ao posto convocado, estando en condicións de incorporarse ao mesmo na data de inicio do proxecto formativo ou naquela que se lle indique.

Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servizo de calquera das Administracións Públicas, nin ter sido inhabilitado para o exercicio da función pública.

Estar en posesión da titulación e experiencia que se exixe para cada posto, ou en condicións de obtela na data na que se realice a sondaxe.

Ter os coñecementos e a experiencia necesarios para desenvolver as funcións definidas na base terceira.

4.2 Requisitos particulares dos Monitores

Ter o nivel académico e a experiencia profesional exixida no Real decreto que regula o certificado de profesionalidade correspondente á especialidade formativa que vai impartir.

Acreditar a competencia docente mediante o certificado de profesionalidade de formador ocupacional ou co certificado de profesionalidade de docencia da formación profesional para o emprego. Estarán exentas de esta acreditación aquelas persoas que cumpran o disposto no artigo 13.1 (apartados a, b, c) do Real decreto 34/2008, de 18 de xaneiro, polo que se regulan os certificados de profesionalidade.

4.3  Requisitos de titulación e experiencia profesional para cada un dos postos

 Monitores/as  Forestais :

Estar en posesión dunha das seguintes titulacións:

Enxeñeiro Técnico Forestal, Enxeñeiro Técnico Agrícola, Enxeñeiro de Montes  ou agrónomo, e unha experiencia mínima de 12 meses coa titulación.

 Admministrador/a:

Estar en posesión dunha das seguintes titulacións:

Diplomado ou Licenciado en Empresarias ou Licenciado en Ciencias Económicas ou Diplomado en Relacións Laborais e unha experiencia mínima de 12 meses coa titulación.

Quinta.- Baremo

1 Monitores

Os méritos que se valorarán son os que de seguido se relacionan e deberán acreditarse mediante orixinais ou copias compulsadas:

I) Experiencia profesional/docente:

Experiencia como monitor/a en escolas obradoiro, casas de oficios, obradoiros de emprego ou cursos de formación ocupacional, na especialidade formativa obxecto da convocatoria e coa categoría profesional e ocupación esixidas nas presentes bases: 0,25 puntos por cada seis meses completos ata un máximo de 1,5 punto.

Experiencia profesional, exceptuando a  de escolas obradoiro, casas de oficios, obradoiros de emprego ou cursos de formación ocupacional, en postos de traballo da especialidade obxecto da convocatoria e coa categoría profesional e a ocupación esixidas nas presentes bases: 0,50 puntos por cada seis meses completos nos últimos 10  anos ata un máximo de 2 puntos.

A puntuación máxima que pode acadarse neste apartado será de 3,50 puntos.

O período mínimo de experiencia exixido polo Real decreto que regula o certificado de profesionalidade, e que é imprescindible para participar no proceso selectivo, non poderá ser obxecto de valoración neste apartado.

A experiencia profesional acreditarase:

no caso de traballador por conta allea: certificación de vida laboral expedida pola Seguridade Social  xunto con contratos de traballo e/ou recibos de salarios.

no caso de traballadores autónomos: mediante certificación de vida laboral expedida pola Tesourería Xeral da Seguridade Social na que conste o epígrafe de cotización e certificación da Agencia Tributaria dos períodos de alta no IAE.

no caso de traballos realizados no estranxeiro: mediante certificación oficial na que conste a ocupación ou profesión exercida e coa categoría profesional e a ocupación esixidas nas presentes bases e os seus períodos de tempo.

II) Cursos realizados:

Cursos de 20 a 49 horas lectivas: 0,20 puntos.

Cursos de 50 a 99 horas lectivas: 0,30 puntos.

Cursos de 100 ou máis horas lectivas: 0,50 puntos.

Os cursos acreditaranse co diploma correspondente, no que necesariamente deberán de figurar no dorso os contidos do mesmo e ter sido impartidos por entidades públicas.  De non figurar na documentación acreditativa a súa duración en horas, non serán obxecto de valoración.

En ningún caso serán valorados aqueles cursos ou asignaturas integrantes dun título académico,  Máster ou outra Titulación de Postgrao.  Tampouco serán valorados módulos ou unidades formativas que formen parte dun mesmo curso. nin xornadas, congresos, simposios…

A puntuación máxima que pode acadarse neste apartado será de 2,50 puntos.

III) Coñecementos de lingua galega:

Curso de iniciación: 0,25 puntos.

Curso de perfeccionamento: 0,50 puntos

Estas puntuacións non serán acumulables entre si, valorándose só a superior, polo que a puntuación máxima que se pode acadar neste apartado será de 0,50 puntos.

Estes cursos acreditaranse co diploma ou certificación correspondente.

Só se concederá validez polo que á acreditación do galego se refire aos cursos ou titulacións homologadas pola Secretaría Xeral de Política Linguística.

2. Administrado/a

Os méritos que se valorarán son os que de seguido se relacionan e deberán acreditarse mediante orixinais ou copias compulsadas:

I) Experiencia profesional:

Experiencia  profesional en funcións administrativas en  escolas obradoiro, casas de oficios, obradoiros de emprego: 0,25 puntos por cada seis meses completos ata un máximo de 1,50 punto.

Experiencia profesional, exceptuando a  de escolas obradoiro, casas de oficios, obradoiros de emprego en postos de traballo  e coa categoría profesional como grupo 5  da vida laboral: : 0,50 puntos por cada seis meses completos nos últimos 10  anos ata un máximo de 2 puntos.

A puntuación máxima que pode acadarse neste apartado será de 3,5 puntos.

O período mínimo de experiencia exixido que é imprescindible para participar no proceso selectivo, non poderá ser obxecto de valoración neste apartado.

A experiencia profesional acreditarase:

no caso de traballador por conta allea: certificación de vida laboral expedida pola Seguridade Social  xunto con contratos de traballo e/ou recibos de salarios.

no caso de traballadores autónomos: mediante certificación de vida laboral expedida pola Tesourería Xeral da Seguridade Social na que conste o epígrafe de cotización e certificación da Agencia Tributaria dos períodos de alta no IAE.

no caso de traballos realizados no estranxeiro: mediante certificación oficial na que conste a ocupación ou profesión exercida e coa categoría profesional e a ocupación esixidas nas presentes bases e os seus períodos de tempo.

II) Cursos realizados:

Cursos de 20 a 49 horas lectivas: 0,20 puntos.

Cursos de 50 a 99 horas lectivas: 0,30 puntos.

Cursos de 100 ou máis horas lectivas: 0,50 puntos.

Os cursos acreditaranse co diploma correspondente, no que necesariamente deberán de figurar no dorso os contidos do mesmo e ter sido impartidos por entidades públicas.  De non figurar na documentación acreditativa a súa duración en horas, non serán obxecto de valoración.

En ningún caso serán valorados aqueles cursos ou asignaturas integrantes dun título académico,  Máster ou outra Titulación de Postgrao.  Tampouco serán valorados módulos ou unidades formativas que formen parte dun mesmo curso. nin xornadas, congresos, simposios…

A puntuación máxima que pode acadarse neste apartado será de 2,50 puntos.

III) Coñecementos de lingua galega:

Curso de iniciación: 0,25 puntos.

Curso de perfeccionamento: 0,50 puntos

Estas puntuacións non serán acumulables entre si, valorándose só a superior, polo que a puntuación máxima que se pode acadar neste apartado será de 0,50 puntos.

Estes cursos acreditaranse co diploma ou certificación correspondente.

Só se concederá validez polo que á acreditación do galego se refire aos cursos ou titulacións homologadas pola Secretaría Xeral de Política Linguística, dependente da Presidencia da Xunta de Galicia.

Sexta.- Oferta de emprego

Unha vez constituído o Tribunal de selección, e aprobados os criterios de selección das persoas candidatas que van participar no obradoiro de emprego, presentaranse  ofertas na oficina de emprego de Ribadeo, para a súa tramitación, establecéndose como parámetros da sondaxe os seguintes

OFERTA 1

Ámbito xeográfico: Concellos de Foz, Alfoz e Valadouro. De non atoparse candidatos ampliarase aos concellos limítrofes ata acadarse o número máximo de 3 candidatos/as (dando prioridade a aqueles concellos que non teñan concedido este ano un obradoiro de emprego). Se non se acadan eses 3 candidatos/as ampliarase  a sondaxe ao ámbito provincial ou autonómico  e en último caso, se fose necesario a oferta será obxecto de difusión pública.

Número de candidatos a remitir pola oficina de emprego: 3 candidatos por posto

Número de postos: 2

Ocupación:  Monitores/as  Forestais.

Requisitos: según bases

OFERTA 2

Ámbito xeográfico:Concellos de Foz, Alfoz e Valadouro.  De non atoparse candidatos ampliarase aos concellos limítrofes ata acadarse o número máximo de 3 candidatos/as (dando prioridade a aqueles concellos que non teñan concedido este ano un obradoiro de emprego). Se non se acadan eses 3 candidatos/as ampliarase  a sondaxe ao ámbito provincial ou autonómico  e en último caso, se fose necesario a oferta será obxecto de difusión pública.

Número de candidatos a remitir pola oficina de emprego: 3 candidatos por posto

Número de postos: 1

Ocupación: Administrador/a.

Requisitos: según bases

A oficina de emprego remitirá ao Concello de Foz a relación das persoas candidatas resultado da oferta, na medida do posible, tres por posto.

Concluída a sondaxe, a oficina de emprego comunicará por carta ás persoas candidatas o lugar, data e hora á que deberán asistir para realizar a entrevista persoal, indicándolles así mesmo que deberán de facelo provistos da documentación, en orixinal ou copia compulsada, que acredite os méritos sinalados nestas bases, así como dunha copia para entregar ao grupo mixto.

A selección terá lugar  na Casa Consistorial do Concello de Foz o luns, 4 de outubro de 2021 as :

               – 12 horas . Administrador/a.

               – 13 horas  Monitores/as  Forestais

Sétima- Procedemento de selección

As actividades selectivas terán por finalidade determina-la adecuación das persoas candidatas ao posto de traballo ofertado e consistirán na celebración dunha entrevista persoal e nunha valoración de méritos.

O Tribunal de selección  en primeiro lugar celebrará unha entrevista persoal co obxectivo de avaliar o interese da persoa candidata en participar no proxecto e as súas aptitudes e capacidades, tanto as de carácter xeral coma as relativas á súa adecuación ás singularidades do proxecto formativo, entrevista que se valorará cun máximo de 3,5 puntos.

Unha vez rematadas todas as entrevistas, faranse públicas as puntuacións no mesmo local en que tiveron lugar as mesmas.

A continuación terá lugar a baremación de méritos obxectivos. A tal fin, e de conformidade co previsto na base 5ª, os candidatos deberán comparecer provistos da documentación que acredite os seus méritos, co obxecto de que sexa avaliada polo grupo mixto.

Os méritos a valorar no apartado de formación e experiencia profesional previa e a puntuación que poda corresponder a cada un, son os previstos na base quinta. A puntuación total máxima que se poderá  acadar na dita valoración de méritos é de ata 6,5  puntos.

Finalizado o proceso de selección, o Tribunal de selección  procederá ao establecemento das puntuacións finais das persoas candidatas participantes no procedemento; puntuacións que virán dadas pola suma dos puntos acadados na entrevista persoal e na valoración de méritos e determinarán a orde de prelación das persoas candidatas para a súa ulterior contratación pola entidade promotora.

As persoas candidatas que na data do remate do proceso selectivo, estivesen prestando servizos a tempo completo nun obradoiro de emprego, non poderán ser propostos para a súa incorporación ao novo proxecto, polo que pasarán a integrar a lista de reserva, ocupando o lugar que lles corresponda conforme á puntuación obtida no dito proceso de selección.

A relación das persoas admitidas (facendo constar para cada unha a puntuación total e a/as especialidade/s formativas ás que son adscritos) e excluídas ( sinalando neste último suposto os motivos da exclusión) no proceso selectivo será exposta nos taboleiros de anuncios e  nas  páxina web do Concello de Foz, Alfoz e Valadouro así como nos taboleiros de anuncios das oficinas de emprego.

Terán preferencia as persoas que en igualdade de condicións de cumprimento do perfil requirido se atopen en situación de desemprego.

Se todas as persoas candidatas están en situación de desemprego, os criterios para dirimir os posibles empates entre as puntuacións obtidas por duas ou máis persoas candidatas en cada unha das fases do proceso selectivo, así como nas puntuacións finais, son por orden de prelación:

  • A puntuación obtida  no apartado de experiencia profesional
  • A puntuación obtida  no apartado de experiencia en escolas obradoiro, casas de oficios, obradoiros de emprego .
  • A puntuación resultante no apartado de coñecementos do idioma galego
  • A puntuación obtida no apartado de cursos realizados
  • A persoa de maior idade.

O Tribunal de selección  asinará a acta de todo o actuado, por duplicado exemplar, e remitirá un exemplar á entidade promotora para o seu cumprimento e outro á xefatura territorial.

Oitava.- Aprobar a composición do Tribunal cualificador é a seguinte:

  •  Presidente: Ramón Rodriguez Paleo, Departamento obras Concello de Foz.
  • Suplente: María Luz Balsa Rábade, Secretaria do  Concello de Foz
  • Vocal: Vanesa Iglesias Sánchez, Departamento medio ambiente do Concello de Foz.
  • Suplente: Antonio Lestegás Moreda, Departamento de Intervención do Concello de Foz.
  • Vocal: Maria Salome Rodriguez Varela, Orientadora Laboral do Concello de Foz.
  •  Suplente: Antonio Vizoso, Arquitecto municipal do Concello de Foz
  • Vocal: Cándido Nazario Rodriguez Gil, Departamento Recaudación Concello de Foz.
  • Suplente: Rafael Marful López, Aparellador do Concello de Foz

Secretario con voz sen voto:

  • Secretario: D. Cristina Balseiro Fernández, Axente de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Foz.
  • Suplente: Maria Delia Lorenzo Díaz, Auxiliar de Secretaria do Concello de Foz.

Contra a composición dos membros do tribunal, poderá formularse recusación cando concurra as circunstancias previstas no artigo 24 da Lei 40/2015 de Réxime xurídico do Sector Público.

Novena – Admisión

A entidade promotora estará obrigada a contratar á persoa que sexa proposto polo Tribunal de selección  atendendo as  puntuacións finais, sempre e cando cumpra cos requisitos que figuran nestas bases, para o que deberá aportar á entidade promotora do proxecto para a súa contratación certificado médico oficial, no que se certifique que a persoa interesada non padece enfermidade nin está afectada por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño dos traballos a realizar no obradoiro de emprego “ e declaración xurada de non ter sido separada, mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas, nin ter sido inhabilitada para o exercicio da función pública.

Non obstante o anterior, si o candidato proposto para a contratación renunciase ou non estivese dispoñible para o emprego, o Tribunal de selección  propoñerá a aquel aspirante que acadase a seguinte mellor puntuación final. No suposto de que xa non quedasen aspirantes que houbesen superado o proceso selectivo, procederíase a iniciar un novo procedemento selectivo, axustándose a estas bases.

Décima.- Incidencias e reclamacións.

As incidencias e reclamacións que se poidan suscitar, derivadas dos procesos de selección, presentaranse ante o Tribunal de selección no prazo de 2 días naturais, a contar desde o seguinte ao da exposición da relación de persoas candidatas admitidas, excluídas e reservas ,e serán resoltas por este, sen que caiba ulterior recurso en vía administrativa.

Décimo primeira.- Publicidade das bases:

Estas bases serán publicadas nos Taboleiros de anuncios e nas páxinas web do Concello de Foz, Alfoz e Valadouro así como  na oficina de emprego que tramite a oferta.