XVIII MERCADO TRADICIONAL ANUAL DE PRIMAVERA – Cartel promocional
XVIII MERCADO TRADICIONAL DE PRIMAVERA
???? Sábado, 23 de marzo de 2024
⌚️Desde ás 10:00h.
????Vila de Ferreira
Programa do XVIII Mercado Tradicional Anual de Primavera
Música nas rúas:
Pasacalle de A.C. Amado Lar O Valadouro; Charanga Nba; Os Carunchos; Tanto Nos Ten (TNT) Música Tradicional Furtiva; Caliqueños Charanga
Pregón a cargo de Miro Casabella con pezas musicais.
Actuación musical Final á noitiña na praza.
@Habelas Hainas
Actividades familiares:
Granxa escola Cabaliño de Pao (aparcadoiro Avda. da Veiga). Paseo en cabalos, burro, ovellas… demostración de pastoreo.
Na Praza pola tarde:
Inventi Teatro coa obra: “A Tropa do doutor Milagre”
Pablo Pablísisimo co contacontos: “Cabicivai”
Maxia con Dani García e o espectáculo “Código Sinopsis”
Concursos:
Desfile de Vestimenta (indumentaria tradicional de mercado e zoca ou zocos).
Decoración enxebre de locais hostaleiros e locais comerciais.
Decoración de balcóns, fachadas (portais).
Fotoenxebre
Ruta de tapeo con dúas tapas enxebres nos locais hostaleiros da vila: O Novo, Asturias, Méndez, Adega, Vila do Val e Colorao.
Comidas nos locais hostaleiros, nos postos do mercado e na polbería.
PARTICIPACIÓN POSTOS MERCADO PRIMAVERA 2024
“BASES DE INSCRICIÓN NO XVIII MERCADO TRADICIONAL ANUAL DE PRIMAVERA DO VALADOURO
A XVIII edición do Mercado de Primavera do Valadouro ten por obxecto a recuperación dos mercado ancestrais do Valadouro e dar a coñecer aqueles postos e materiais que antano viñan ao mercado. Ao mesmo tempo sirve para revitalizar a economía local.
DATA E LUGAR E DE CELEBRACIÓN.
O Mercado Tradicional Anual de Primavera celebrarase o día 23 de marzo desde as 10:00 horas e ata as 19:00 horas. (mínimo) en Aparcadoiro Parque Concepción Arenal, Andrés López Palmeiro, Praza de santa María(cantóns), Severino Cociña e Avenida de Viveiro.
Poderase acceder ó recinto feiral con vehículos desde as 8:00h. e ata as 10:00h. e entre as 19:00h. e as 21:00h. e despois das 02:00h. do día 24 de marzo. Fora deste horario, solo poderán acceder ó recinto feiral os vehículos autorizados(animacións, etc…), organización e prioritarios de emerxencia.
Debe de facilitarse a matrícula, marca e modelo do vehículo co que se vai acceder ao recinto feiral. Na entrada do recinto preveese que estará unha persoa para informar onde lle corresponde o posto.
A entrada ao recinto será sempre desde a Avenida de Mondoñedo e en sentido ascendente pola Praza e ata a Ponte e os vehículos solo permanecerán diante de cada posto no intre da descarga. Unha vez finalizada esta, deberán de abandonar o recinto.
EXPOSITORES E PRODUTOS ADMITIDOS.
Como a actividade principal é a demostración e a exhibición de produtos e de traballos de antano na vila de Ferreira. Neste senso admítense postos de produtos agroalimentarios de tempada (panadarías, carnizarías, horta de tempada,…) artesáns (carta de artesán), demostracións de oficios tradicionais, …. e terán preferencia sobre o resto, as demostracións de oficios tradicionais, os postos que conten con tenda física nos concellos de Alfoz/Valadouro e tamén terán cabida no mercado de Primavera, aqueles postos de artesanía con produtos feitos á man, antigüidades e outros.
Os postos serán facilitados polo Concello do Valadouro comprometéndose cada un dos usufrutuarios a mantelo nas mesmas condicións nas que se atopen ó inicio da actividade. Unha vez que remate o evento, cada expositor deberá de recoller todos os produtos que expuxo e deixar o posto debidamente recollido.
Tamén cabe a posibilidade que cada expositor aporte o seu posto polo que debe de comunicalo ó concello facilitando as medidas da cada posto e cumprir cos requisitos de homoxeneización do mercado aceptando en todo intre a colocación de cada posto onde a organización o estime oportuno. Os postos propios aínda que con estrutura de ferro e lona plástica deberán de cubrirse con tela tipo saco e cubrir a estructura con tela, madeira ou calquera outra elemento que homexeinice cos postos do concello do Valadouro.
Unha vez iniciado o Mercado non se permite o acceso con vehículos ata o seu remate agás autorizacións especiais, vehículos prioritarios ou de organización. Unha vez comprobado que se incumpre e que se accede ao recinto ou que se abandona o posto antes das 19:00h. sen causa xustificada, o posto podería ser penalizado impedindo a súa inscrición en vindeiras edicións.
ADMISIÓN DE SOLICITUDES E ADXUDICACIÓN DE POSTOS.
As solicitudes de admisión no Mercado de Primavera 2024 do Valadouro realizaranse a través da sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” do Concello do Valadouro. O prazo de admisión de solicitudes rematará no intre no que se cubran os postos dispoñibles ou no seu defecto o xoves, 14 de marzo ás 20:00h. De quedar vacantes de última hora, admitiríanse postos ata que estas se cubran.
Establecéndose as seguintes prioridades:
- 1º: Demostracións de oficios tradicionais
- 2º: Postos con tenda física en Valadouro
- 3º: Produtos agroalimentarios de tempada.
- 4º: Conservas de todo tipo.
- 5º: Artesanía (con carta de artesán).
- 6º: Agrupacións/asociacións sen ánimo de lucro coa fin de recadar fondos por causa xustificada. (Excepción).
- 7º: Resto de inscritos.
E dentro de cada posibilidade, as seguintes prioridades(por orde de rexistro)usaranse para admitir os distintos postos que podan acudir á xornada:
-Procedencia(por orde): O Valadouro, A Mariña e resto.
-Antigüidade na feira: Que o posto acudira en máis ocasións ó Mercado de Primavera.
-Buscarase a heteroxeneidade do evento; variedade na exposición á venta/obradoiros.
Se chegado o día aínda quedaran postos vacantes, estes poderíanse ocupar ata cubrir o cupo establecido.
Cada solicitante deberá de estar presente no posto sen cedelo a terceiros sen autorización previa e non se poderá reproducir fontes de música nin megafonía, agás os autorizados pola organización.
NORMAS PARA A VENTA DE PRODUTOS AGROALIMENTARIOS
Nos postos do Mercado indicarase a denominación e orixe do produto en lugar visible. Todo tipo de produtos exhibidos no Mercado teñen que cumprir coa lexislación vixente alimentaria en materia hixiénico-sanitaria.
Entre outros puntos a ter en conta, o posto deberá de contar:
-Identificación do posto
-Follas de reclamación a disposición dos clientes e enderezo de recepción das mesmas.
-Listaxe de mercadorías e prezos á venda.
DISTRIBUCIÓN DOS DISTINTOS POSTOS POLO MERCADO
A organización distribuirá os distintos postos polas rúas polas que transcorre o mercado atendendo a criterios de organización e comercialización.
Cada solicitude estará asociada a cada posto e cada posto asociado a un número de identificación fiscal.
Non se permitirá o intercambio de postos agás previa solicitude á organización e autorización desta.
Non se distribuirán os postos atendendo as demandas de maior posibilidade de venda (exixida por algunha solicitude) debido a que zona de venda é todo o espazo destinado a mercado e estarán todos os postos en igualdade de condicións e coas mesmas posibilidades de mercado.
O feito de acudir ó evento en edicións anteriores non implica posesión do mesmo espazo de outras ocasións, podendo a organización redistribuílos e colocalos segundo necesidades de espazo.
CARACTERIZACIÓN
Recoméndase que tanto os distintos postos (propios ou facilitados polo concello) como as persoas encargadas dos mesmos estean caracterizados como se se tratase dun mercado dos anos 40 ou 50.
Os homes acudiran ao evento con pantalón de pana, camisa de cadros e chaleque ou camisa lisa e as mulleres farano con saia media longa, escura e blusa con toquilla
SEGUROS E RESPONSABILIDADES
O Concello de Valadouro posúe un seguro de responsabilidade civil que non cubre roubo ou furtos, riscos que deberán asumir os produtores podendo contratar coa compañía aseguradora que eles elixan.
A organización tampouco se fai responsable da situación laboral do persoal dos stands, así como dos accidentes causados por algún dos elementos expostos, nin de calquera dano producido a bens ou cousas derivados da actividade mercantil, pero recoméndase que se lle facilite á organización:
– copia do último recibo do seguro de Responsabilidade Civil,
-recibo de autónomos ou similar(nómina),
– xustificante IAE,
– carné manipulador alimentos
– carta de artesáns.
Asimesmo, prégase que autorice a que o concello do Valadouro poda consultar de que está ao corrente coas obrigas fronte a Axencia Estatal Tributaria, Axencia Tributaria Galega, tesouraría de Seguridade Social e ó propio concello do Valadouro.
CUESTIÓNS XURÍDICAS
Para calquera cuestión legal entre a Organización e os expositores da Mercado, sométense ambos á xurisdición de Xulgados e Tribunais competentes do Partido Xudicial de Mondoñedo ao que pertence ao Concello de Valadouro.
FORZA MAIOR E CONTINXENCIAS NON PREVISTAS
En caso de forza maior a Organización pode suspender ou aprazar a celebración do Mercado declinando toda responsabilidade por ese motivo.
No caso de situacións ou continxencias non previstas nestas Bases, as mesmas serán resoltas pola Organización segundo sexa preciso.
O feito de que a solicitude de ocupación de espazo público sen aporte de ningún de taxa non implica que non se teñan cumprir normas básicas de convivencia e así como estas bases. Os responsables de cada posto acatarán toda canta decisión se lle transmita desde a propia organización e/ou membros de seguridade e sempre baixo unhas condicións de respecto mutuo entre ambas partes. Non facer caso das ordes recomendadas podería ser motivo de expulsión do mercado.