O Proxecto “Y para vivir Lugo” creouse para combater o reto demográfico existente en maior medida no rural da provincia de Lugo.

As Bases da Convocatoria para o fomento do aluguer dentro deste proxecto, promove a creación dunha bolsa de aluguer de vivendas privadas rurais, nos concellos piloto de A Fonsagrada, O Valadouro e Xermade, representativos das comarcas da montaña, A Mariña e a Terra Chá, sen prexuízo de que poda extenderse ó resto de concellos da provincia de Lugo que conten con menos de 5.000 habitantes.

Desta forma, os propietarios ou usufructuarios das vivendas, sen ánimo de lucro, poderán beneficiarse dunha axuda por contía de 600,00 euros, por cada inmoble que se poña a disposición da bolsa de aluguer cun período de permanencia de 3 anos.

Para axudar ós novos inquilinos, unha vez materializado o contrato de arrendamento, os arrendadores teñen a obriga de rebaixar o importe da primeira mensualidade ó 50% para atenuar os gastos que implica o cambio de residencia. En total serán 50 axudas económicas.